Mora, Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mora
Municipio de Portugal

Igrexa da Misericordia de Mora
Escudo de Mora Bandeira de Mora
Localización de Mora
Xentilicio Morense
Área 443,95 km²
Poboación 4 979 hab. (2012)
Densidade poboacional 11,2  hab./km²
N.º de freguesías 4
Presidente da
câmara municipal
Paula Chuço (PS)
Mandato 2021-2025
Fundación do municipio (ou foral) 1519
Rexión (NUTS II) Alentexo
Sub-região (NUTS III) Alentejo Central
Distrito Évora
Província Alto Alentejo
Patroa Nossa Senhora da Graça
Festivo municipal Luns (segunda feira) após o Domingo de Pascua
Código postal 7490 Mora
Sitio web oficial cm-mora.pt

Mora (antes Amora[1]) é unha aldea portuguesa no distrito de Évora, rexión Alentexo e subrexión de Centro Alentexo cuns 4.979 habitantes (2012).

A aldea de Mora é a sede do concello ou municipio de Mora con 443,95 km² de superficie e 4 978 habitantes (2011), subdividido en 4 parroquias. O concello está limitado ao norte polo concello de Ponte de Sor, nordeste por Avis, ao leste Sousel, ao sueste por Arraiolos e ao oeste por Coruche.

O concello recibiu foro de D. Manuel I en 1519.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia ao topónimo Mora [2] faise nun documento de 1293 chamado Livro III das Composicións, a unha herdade chamada Cabeça de Mora.

Nun documento de 1786, Colecção da legislação antiga e moderna de Portugal [3] a aldea de Mora é denominada Amora nun percurso entre a ribeira de Marateca e Porto.

O topónimo Mora/Moura/Mouro, etc. é moi común na Península Ibérica asociado aos mouros. En Asturias [4][5] significa sitios pedregosos, outeiro.

Freguesías[editar | editar a fonte]

Freguesías do municipio de Mora.

O municipio de Mora está dividido en 4 freguesías, ordenadas por extensión de maior a menor:

  • Pavia
  • Mora
  • Brotas
  • Cabeção

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O concello de Mora conta cos seguintes bens clasificados polo IPPAR :

  • Torre das Águias
  • Anta de Pavia, transformada na capela de San Dinís
  • Igrexa Matriz de Pavia ou Igreja Matriz de São Paulo
  • Cromlech do Monte das Fontaínhas Velhas ou Cromeleque 1 das Fontainhas
  • Santuario e edificacións xunto á Igrexa Matriz de Brotas ou Santuário da Senhora das Brotas
  • Pelourinho de Cabeção

Poboación[editar | editar a fonte]

Número de habitantes[6]
1864 1878 1890 1900 1911 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011
3 674 4 176 4 710 5 425 6 648 7 160 8 530 9 613 10 271 10 276 7 588 7 056 6 588 5 788 4 978

(Nota: Número de habitantes "residentes", é dicir, que tiñan a residencia oficial neste concello no momento en que se realizou o censo. )

Política[editar | editar a fonte]

Eleccións locais (autárquicas) [7][editar | editar a fonte]

Por primeira vez desde 1976, o PS acadou maioría co 48'12% dos votos e 3 representantes, por 2 da Coalición Democrática Unitaria (CDU, formada polo PCP, Os Verdes e ID) co 43'53% e 2 representantes. Desde o 1976 ao 2017 a coalición maioritaria foi a CDU ou partidos integrantes, e oscilou entre o 47'11% e o 67'67%.

Eleccións lexislativas[editar | editar a fonte]

Data %
PCP PS PSD CDS UDP APU/

CDU

AD FRS PRD PSN B.E. PAN PàF L CH IL
1976 45,90 27,95 9,16 7,56 2,46
1979 APU 11,67 AD AD 1,49 49,58 32,14
1980 FRS 0,51 49,11 33,85 11,47
1983 15,85 22,44 5,87 0,48 51,71
1985 11,38 20,01 4,13 0,88 49,85 9,05
1987 CDU 10,49 31,05 2,04 0,62 46,13 4,84
1991 18,18 34,97 2,92 35,99 0,76 0,66
1995 32,75 22,15 3,80 0,66 35,91
1999 35,96 19,87 3,81 34,04 0,32 0,98
2002 34,46 24,93 3,36 31,22 1,13
2005 40,09 15,78 3,42 32,47 3,48
2009 27,65 17,55 4,92 35,58 7,93
2011 23,96 22,97 6,77 34,95 3,47 0,43
2015 29,59 PàF PàF 38,52 4,71 0,68 20,14 0,15
2019 31,60 13,85 2,98 34,66 5,65 1,31 0,57 1,01 0,53

Gastronomía[editar | editar a fonte]

A gastronomía local é tipicamente alentexana, onde destacan varios tipos de pratos de migas, que poden variar entre espárragos, balocas, coandros, ovas, embutidos, coliflor e tomate.[8]

Personalidades[editar | editar a fonte]

Escritores[editar | editar a fonte]

Pintores[editar | editar a fonte]

Educación[editar | editar a fonte]

  • Agrupación de Escolas de Mora

Museos[editar | editar a fonte]

  • Casa Museo Manuel Ribeiro de Pavia

Fluviário de Mora[editar | editar a fonte]

O Fluviário de Mora é un acuario público dedicado aos ecosistemas de auga doce, privilexiando o coñecemento e a importancia da súa biodiversidade, e da súa relación coa humanidade. Atópase no Parque Ecolóxico de Gameiro, na parroquia de Cabeção, no concello de Mora.

Deporte[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Collecção da legislação antiga e moderna do Reino de Portugal. 1786. 
  2. "Câmara Municipal de Mora". 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 3 de julho de 2018. 
  3. Collecção da legislação antiga e moderna do Reino de Portugal. 1786. 
  4. Alvaro Gálmes de Fuentes. "Toponimia asturiana y asociación etimológica" (PDF). academiadelalingua. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 18 de julho de 2018. 
  5. Hermógenes Perdiguero Villarreal (2016). "Topónimos menores en documentos burgaleses" (PDF). Actes del XXIV Congrés Internacional d'ICOS sobre Ciències Onomàstiques. Consultado o 20 de julho de 2018. 
  6. Instituto Nacional de Estatística (Recenseamentos Gerais da População) - https://www.ine.pt/xportal/xmain?xpid=INE&xpgid=ine_publicacoes
  7. "Concelho de Mora : Autárquicas Resultados 2021 : Dossier : Grupo Marktest - Grupo Marktest - Estudos de Mercado, Audiências, Marketing Research, Media". Consultado o 2021-12-26. 
  8. Gazeta Rural n.º 262 (15 de janeiro de 2016), páx. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]