Fernando Namora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernando Namora
Retrato Fernando Namora.jpg
Nacemento15 de abril de 1919
 Condeixa-a-Nova
Falecemento31 de xaneiro de 1989
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Alma máterUniversidade de Coimbra
Ocupaciónmédico e médico escritor
PremiosGrã-Cruz da Ordem do Infante Dom Henrique e Gran oficial da Orde militar de Santiago da Espada
editar datos en Wikidata ]

Fernando Namora (1919-1989) foi un escritor portugués, nacido en Condeixa-a-Nova.

Licenciouse en medicina na Universidade de Coimbra, carreira que exerceu na súa terra natal e na Beira Baixa e no Alentejo. Estreouse na literatura co volume de poesía Relevos (1938), e nese ano publicou a novela As Sete Partidas do Mundo, que recibiu o Premio Almeida Garrett. A súa obra evoluiu cara un madurecemento estético do Neorealismo.

Entre os títulos que publicou encóntranse Fogo na Noite Escura (1943), Casa da Malta (1945), As Minas de S. Francisco (1946), Retalhos da Vida de um Médico (1949 e 1963), A Noite e a Madrugada (1950), O Trigo e o Joio (1954), O Homem Disfarçado (1957), Cidade Solitária (1959), Domingo à Tarde (1961), Os Clandestinos (1972) e Rio Triste (1982).