Paula Fernández
Paula Fernández | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1971 |
Silleda | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paula Fernández Pena, nada en Silleda o 29 de xaneiro de 1971, é unha política galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomada en Arquitectura Técnica pola Universidade da Coruña, no 2007 decidiu introducirse na vida política presentándose como independente polo PSdeG-PSOE ás eleccións á alcaldía de Silleda[1], converténdose finalmente en alcaldesa de dita vila. Actualmente vive na parroquia de Cortegada.
O 19 de outubro de 2009, unha moción de censura presentada por 5 edís elixidos nas listas do PPdeG xunto con 2 tránsfugas do PSOE arrebatoulle a alcaldía, para outorgarlla a Ofelia Rey Recimil, concelleira tránsfuga do PSdeG-PSOE[2].
De novo, o 22 de maio de 2011 volveu ser elixida alcaldesa do concello de Silleda co 47,11% dos votos e con 6 concelleiros[3]. Para gobernar con maioría pacta con Matías Rodríguez da Torre do BNG, que entra a formar parte do goberno municipal ata a rotura de dito pacto en marzo do 2013[4]. En xuño dese ano foi elixida senadora por designación autonómica en substitución de Pablo García, abandonando a alcaldía silledense[5], sendo substituída no cargo por Manuel Cuíña Fernández. Mantivo a súa acta de senadora ata xuño do 2015[6].
Predecesor: José Fernández Viéitez |
![]() Alcaldesa de Silleda 2007 - 2009 |
Sucesor: Ofelia Rey Recimil |
Predecesor: Ofelia Rey Recimil |
![]() Alcaldesa de Silleda 2011 - 2013 |
Sucesor: Manuel Cuíña Fernández |
Predecesor: Pablo García |
![]() Senadora por Galicia 2013 - 2015 |
Sucesor: - |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Touriño muestra su total apoyo a la lista del PSOE en Silleda" Arquivado 24 de novembro de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (25/03/2007) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ "Cinco ediles de Silleda se van del PP y apoyan la moción de censura" El Mundo (06/10/2009) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ "Fernández Pena será alcaldesa de Silleda tras imponerse al PP de Pin por 285 votos" Faro de Vigo (23/05/2011) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ "La alcaldesa de Silleda expulsa al único edil del Bloque y se queda en minoría" La Opinión (19/03/2013) (Consultado o 24/11/2016).
- ↑ El Correo Gallego (25 de xuño de 2013). "Paula Fernández Pena senadora con 57 votos sin el apoyo de AGE y Bloque". Santiago de Compostela. Consultado o 27 de xuño de 2013.
- ↑ "A renuncia da exalcaldesa de Silleda abre a porta do Senado a Gómez Besteiro" El Progreso (05/06/2015) (Consultado o 24/11/2016).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- «Traballamos coas consellerías para ter proxectos para arrincar ou mandato»[Ligazón morta], entrevista en La Voz de Galicia, 12 de maio de 2007 (consultado o 27 de agosto de 2010).