David Regades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavid Regades
Biografía
Nacemento1973 Editar o valor em Wikidata (50/51 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Twitter: regades Editar o valor em Wikidata

David Regades Fernández, nado en Vigo en 1973, é un político galego do PSdG-PSOE.

Papeleta das Eleccións xerais de 2023.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É técnico especialista da rama Administrativa e Comercial na especialidade de Contabilidade e técnico en prevención de riscos laborais. Membro das XSG. Tralas eleccións municipais de 2007 foi o xefe de gabinete de Abel Caballero como alcalde de Vigo. Tralas municipais de 2011 foi elixido concelleiro e pasou a encargarse das áreas de Fomento (anteriormente Vías e Obras) e Contratación no goberno de Caballero. Seguiu á fronte de ditas áreas tralas municipais de 2015, pasando a ser tamén deputado na Deputación de Pontevedra, onde os socialistas lograron por primeira vez a presidencia e pasou a encargarse da área de Asistencia a Municipios.

Foi elixido Secretario Provincial do PSdeG na Provincia de Pontevedra tras vencer nas primarias de decembro de 2017 ao redondelán Eduardo Reguera, sendo ratificado no correspondente Congreso. Foi nomeado Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo o 6 de xullo de 2018 polo goberno de Pedro Sánchez[1][2], renunciando aos seus cargos no concello e na deputación. Dende a Zona Franca fixo diversas xestións para a dinamización económica non só de Vigo senón de municipios de toda a Provincia de Pontevedra. Compaxina este cargo coa Secretaría Provincial dos socialistas, á fronte da cal o partido gañou as eleccións xerais, municipais e europeas de 2019, quedando ademais a poucos votos de lograla maioría absoluta na Deputación de Pontevedra. No Congreso de febreiro de 2022 revalidou a Secretaría Provincial do partido. En xuño de 2023 abandonou Zona Franca para encabezala candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ó Congreso dos Deputados nas Eleccións Xerais de 2023, sendo elixido deputado. En abril de 2024 volveu a ser designado presidente da Zona Franca de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Santos Héctor Rodríguez
 
Sectretario Provincial do PSdeG-PSOE da Provincia de Pontevedra
 
2017 - actualidade
Sucesor:
no cargo