Ofelia Rey Recimil
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ofelia Rey.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1973 Piñeiro, España |
| 2009 – 2011 ← Paula Fernández – Paula Fernández → | |
| Actividade | |
| Ocupación | política, empresaria |
| Partido político | Partido Socialista Obreiro Español |
| Membro de | |
Ofelia Rey Recimil, nada en Piñeiro (Silleda) en 1973, é técnica agraria (criadora de gando porcino) e unha política galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elixida concelleira nas listas do PSdeG nas eleccións municipais de 2007[1] en marzo de 2009 abandonou o grupo socialista. O 19 de outubro de 2009 proclamouse alcaldesa de Silleda tras levar a cabo unha moción de censura para derrocar á antiga alcaldesa do PSOE, Paula Fernández Pena. A moción de censura que lle deu a chave da alcaldía por maioría absoluta[2] foi apoiada por 5 dos 6 edís do PPdeG e por dous votos tránsfugas, un deles o seu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Deputación de Pontevedra, ed. (1 de maio de 2007). "Boletín Oficial de Pontevedra nº84" (PDF) (en en castelán). pp. páx. 24. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 21 de outubro de 2009.
- ↑ A corporación municipal de Silleda está composta por 13 membros.