Paul Barras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2026.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1755 Fox-Amphoux |
| Morte | 29 de xaneiro de 1829 Chaillot |
| Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 28 Grave of Barras (en) |
| Q3029398 | |
| 31 de outubro de 1795 – 9 de novembro de 1799 | |
| 61º President of the National Convention (en) | |
| 4 de febreiro de 1795 – 19 de febreiro de 1795 ← Stanislas Joseph François Xavier Rovère – François Louis Bourdon (pt) | |
| Deputy to the National Convention (en) | |
| 21 de setembro de 1792 – 26 de outubro de 1795 Circunscrición electoral: Alpes da Alta Provenza | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | París |
| Ocupación | político, salonnière, xuíz |
| Partido político | Club dos Xacobinos Montanha (Revolução Francesa) (pt) |
| Carreira militar | |
| Rango militar | xeneral de brigada |
| Participou en | |
| 5 de maio de 1789 | Revolución Francesa |
| Obra | |
| Arquivos en |
|
| Outro | |
| Título | Vizconde |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Баррас Поль) Enciclopedia Soviética Armenia Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Paul François Jean Nicolas, vizconde de Barras, nado en Fox-Amphoux en 1755 e finado en 1829, foi un político revolucionario francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia da pequena nobreza provenzal. Aos dezaseis anos entrou como cadete no rexemento de Languedoc, destinado á India. En 1776 participou na defensa de Pondicherry diante os británicos, ata a capitulación francesa o 18 de outubro de 1778, cando co resto da gornición volveu a Francia. En 1782 participou nunha expedición ao sueste asiático, e tras o Tratado de París (1783) deixou o exército.
Tras a Revolución Francesa inscríbese na francmasonería e no club dos xacobinos. Entrou como delegado na Convención Nacional polo departamento de Var. Únese aos deputados da Montagne e votou a favor da pena de morte para Lois XVI (1793). A Convención envíao aos departamentos do sueste, fai fronte ás insurreccións que se organizan en Toulon e Marsella e confía a un descoñecido capitán de artillaría, Napoleón Bonaparte, a defensa das costas da Provenza.
Barras foi un dos principais responsables, con Jean-Lambert Tallien e Joseph Fouché, da caída de Robespierre o 9 de termidor (27 de xullo de 1794).
O 3 de novembro de 1975, pasou ao formar parte do Directorio que se encargou do poder executivo. O nomeamento de Bonaparte como xefe do exército de Italia posibilitou o mantemento do Directorio.
Foi amante de Xosefina de Beauharnais con anterioridade ao Napoleón[1] e conseguiu que o Directorio noméase a Napoleón xefe do exército de Italia. [2]
Tras o golpe de estado do 18-19 de Brumario, Barras dimitiu e marchou ao exilio en Bruxelas e Roma.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Esdaile, Charles J. (2009). Los orígenes de las guerras napoleónicas (en castelán). Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 9788474237535.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul Barras |