Patxi Altuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Patxi Altuna
Patxi Altuna euskaltzaina 1989an.jpg
Nacemento8 de setembro de 1927
 Azpeitia
Falecemento20 de xaneiro de 2006
 Santuario de Loiola
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Innsbruck
Ocupacióncatedrático de universidade, sacerdote católico, lingüista, filólogo e escritor
editar datos en Wikidata ]
Os membros da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) reunidos no santuario de Arantzazu en 1972. Arriba, de esquerda a dereita: Koldo Mitxelena, Iratzeder, Jean Haritxelhar, Alfonso Irigoyen, Luis Villasante, José María Satrustegi, Patxi Altuna e Imanol Berriatua. Debaixo: Juan San Martín, José Luis Lizundia, Joseba Intxausti e Xabier Kintana.

Patxi Altuna Bengoechea [ou Bengoetxea], nado en Azpeitia o 8 de setembro de 1927, e finado no Santuario de Loiola o 20 de xaneiro de 2006, foi un sacerdote xesuíta vascofilólogo, lingüista e académico, experto na metodoloxía de ensino do éuscaro.[1][2][3]

Biografía[editar | editar a fonte]

Formado nos xesuítas de Loiola, ingresou na compañía en 1945 e foi investido en 1962. Estudou Teoloxía e Filosofía en Burgos. Licenciado en Filosofía e Letras (Estudos Clásicos) pola Universidade de Salamanca (1957), en Teoloxía en Innsbruck e doutoramento en Lingüística en Salamanca (1978). Foi profesor de lingüística na Universidade Pontificia de Salamanca e durante algún tempo, mentres estivo en Gandia, profesor de diversos centros privados relixiosos da provincia de Valencia. Despois foi profesor da Universidade de Deusto, axudante primeiro de Koldo Mitxelena, e titular despois, de latín clásico e común, iniciou o ensino da lingua éuscara ó crearse na sede de Donostia da Universidade de Deusto, os Estudos Universitarios e Técnicos de Guipúscoa (EUTG), así como de historia da lingua éuscara e de textos éuscaros.

Considerado un pioneiro no ensino do éuscaro, foi académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) (1965) e de número (1981). Participou na asemblea da Academia que tivo lugar en 1968 e onde defendeu a tese da unificación do éuscaro. Foi responsable da Comisión de Gramática da Academia e, xunto a outros, elaborou a moderna gramática vasca.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

  • Mendibururen idazlan argitaragabeak
  • Linguae vasconum primitiae
  • Versificación de Dechepare: métrica y pronunciación (tese doutoral)
  • Onsa hilceco bidia-ren
  • Olerkiak
  • José María Estefanía Zabala, S.I. (1889-1942): maestro de vascos
  • Haizeak ez eramango!
  • Euscal errijetaco olgueeta, ta dantzeen neurrizco gatz-ozpinduba, 1816

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Antonio Hernández (22 de xaneiro de 2006). "Patxi Altuna, miembro de la Academia de la Lengua Vasca". El País. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  2. Partido Nacionalista Vasco, ed. (20 de xaneiro de 2006). "Fallece el miembro de Euskaltzaindia Patxi Altuna". Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  3. "Muere a los 78 años el jesuita Patxi Altuna, académico de Euskaltzaindia y profesor". Diario Vasco. 21 de xaneiro de 2006. Consultado o 3 de setembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]