Alfonso Irigoyen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfonso Irigoyen
Alfonso Irigoien (1989).jpg
Nacemento14 de novembro de 1929
 Bilbao
Falecemento16 de decembro de 1996
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónprofesor, ensaísta, filólogo e escritor
IrmánsIñaki Irigoien
Premiossen etiquetar
editar datos en Wikidata ]
Os membros da Real Academia da Lingua Vasca (Euskaltzaindia) reunidos no santuario de Arantzazu en 1972. Arriba, de esquerda a dereita: Koldo Mitxelena, Iratzeder, Jean Haritxelhar, Alfonso Irigoyen, Luis Villasante, José María Satrustegi, Patxi Altuna e Imanol Berriatua. Debaixo: Juan San Martín, José Luís Lizundia, Joseba Intxausti e Xabier Kintana.

Alfonso Irigoyen Echevarría ou Alfontso Irigoien, nado en Bilbao o 14 de novembro de 1929 e finado ibídem o 16 de decembro de 1996, foi un lingüista, escritor, bertsolari e académico vasco, cunha extensa obra en éuscaro e español.[1][2]

Biografía[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía románica pola Universidade de Salamanca, doutorouse na mesma universidade. En 1976, traballou como profesor na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Deusto. Membro da Real Academia da Lingua Vasca dende 1957, secretario e director da revista Euskera, tivo un papel chave na reorganización e pervivencia da academia após a posguerra. Participou no Congreso de Arantzazu de 1968 onde defendeu as teses en apoio dun éuscaro unificado. Recoñecido como un experto lingüista do éuscaro, os seus numerosos artigos de filoloxía publicados en distintas revistas especializadas reuníronse máis tarde en cinco volumes na obra, De re Philologica lingua uasconicae: En torno a la toponimia vasca y circumpirenaica (Bilbao, 1986), Observaciones en torno a la obra Toponymie Basque de Jean-Baptiste Orpustan' (Bilbao, 1990), En torno a la evolución y desarrollo del sistema verbal vasco (Bilbao, 1985), Pertsona-izenak euskaraz nola eman (Bilbao, 1994) e Kultura-hitzak euskaraz: (lexikon culturale) et nomina exonomastica scribendi forma in lingua vasconum (Bilbao, 1995). Uns meses antes da súa morte, en 1996, publicou o seu último libro: Bibliako eta Grezia Zaharreko pertsona-izenak.

Tivo gran interese en bertsolaritza, e contribuíu ó renacemento dos campionatos de bertsolaris. Cultivou ademais, entre outras facetas artísticas, tanto a pintura e a escultura, como a poesía, recibindo numerosos premios pola súa obra poética que comezou a publicar a partir de 1979 con Herrian bizi gara.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Aita Santi Onaindia eta Alfontso Irigoien bertsogintzaren lekuko, xunto con Jacoba Onaindia Baseta; Euskal Herriko Bertsolari Elkartea, (1993)
  • Categorías gramaticales, xunto con Resurrección Maria Azkue, (1969)
  • El verbo guipuzcoano y observaciones generales xunto con Seber Altube, (1969)
  • El verbo guipuzcoano, junto con Resurrección María Azkue, (1969)
  • En torno a la evolución y desarrollo del sistema verbal vasco (1985)
  • En torno a la toponimia vasca y circumpirenaica, Universidade de Deusto. Departamento de éuscaro (1986)
  • Geure hizkuntzari euskaldunok deritzagun izenaz, Euskaltzaindia, (1977)
  • Kristo gure Jauna eta andredena Maria, xunto con Agustín Zarranz Bermejo e Policarpo de Iraizoz (1979)
  • La lengua vasca en relación con la antroponimia y otras cuestiones..., (1983)
  • Las lenguas de los vizcaínos: antroponimia y toponimia medievales, (1985)
  • Los afijos vascos, con Resurrección María Azkue, (1969)
  • Notas lingüísticas a "Chartes de l'église de Valpuesta du IXe au XIe siècle", con Koldo Mitxelena
  • Opera selecta, con Adolfo Arejita, (1997)
  • Sobre el topónimo Gasteiz y su entorno antroponímico, (1981)
  • Sobre toponimia del País Vasco Norpirenaico: (observaciones en torno a la obra Toponymie Basque de Jean-Baptiste Orpustan), con Jean-Baptiste Orpustan, (1990)
  • Studia philologica: in honorem Alfonso Irigoien, con Itziar Túrrez Aguirrezábal e Adolfo Arejita, (1998)
  • Theophrastou Charakteres:, con Teofrasto, (1995)
Ensaios
  • De re philologica linguae uasconicae, (1986)
  • De re philologica linguae uasconicae: Volume 2, (1987)
  • Pertsona-izenak euskaraz nola eman: (eta exotoponymiaz eraskin bat), (1994)
  • Kultura-hitzak euskaraz, (1995)
Poesía
  • Herrian gara bizi, (1979)
  • Hi ta ni garade zu, to ez date no, (1989)
  • Orbel eta orri, (1985)
Autobiografía
  • Sorterriaren alde: ene artearen iturriak eta bizitzako zenbait diztira, (1976)

Notas[editar | editar a fonte]