Santuario de Loiola
| Santuario de Loiola | |
|---|---|
| Loiola | |
|
Instancia de
| |
|
Epónimo
| |
|
Estilo
| |
|
Composto por
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Diocese
| |
|
Arquitecto/a
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Situado en
| |
|
País
| |
| Patrimonio cultural | |
| Ben de Interese Cultural | |
| Data | 17 de xaneiro de 1964 |
| Identificador | RI-51-0001480 |
|
| |
| Patrimonio construído vasco salientable | |
| Identificador | 29 |
| Wikidata C:Commons | |
O Santuario e Basílica de Loiola é un complexo monumental e relixioso construído ó redor da casa natal de Ignacio de Loiola, fundador da Compañía de Xesús, coñecida como os Xesuítas. Atópase no barrio de Loiola do municipio guipuscoano de Azpeitia, no País Vasco. O santuario atópase a beiras do río Urola entre as poboacións de Azpeitia e Azcoitia.
Ignacio de Loiola, que en realidade se chamaba Iñigo López de Loiola, era fillo do señor de Loiola, Beltrán Ibáñez de Oñaz (cabeza dos Oñacinos), e da ondarresa Marina Sánchez de Licona, membro dunha importante familia oñacina biscaíña.[1] Naceu no ano 1491 na casa torre familiar de Loiola.[2]
A Compañía de Xesús converteuse nunha poderosa institución que tiña moita influencia na cúpula dirixente católica. Ignacio, o seu fundador, foi nomeado santo e, como era lóxico, a súa casa natal pasou a ser un lugar de devoción.[3] Cando no século XVII a casa torre onde nacera foi cedida ós xesuítas, estes construíron alí, ó redor da casa natal do seu fundador, todo un complexo relixioso no cal destaca a súa basílica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Castejón, Antonio. "LOYOLA. Oñaz Loyola Ascendientes de Ignacio de Loyola. Señores de las casas Oñaz y Loyola.". Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2007.
- ↑ Las Siervas de los Corazones Traspasados (2006). "San Ignacio de Loyola Fundador de la Compañía de Jesús (jesuitas)" (23-11-07 ed.). Las Siervas de los Corazones Traspasados de Jesús y María. Consultado o 25 de novembro de 2007.
- ↑ "Compañía de Jesús". ACI-PRENSA Enciclopedia Católica. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 14 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santuario de Loiola |
