Saltar ao contido

Pato Guillén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pato Guillén
Información persoal
Nome Patricio Guillén Gandini
Nacemento 28 de decembro de 1984 (39 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,80 m.
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Ourense CF
Carreira xuvenil
River Plate Montevideo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2003–2007 River Plate Montevideo 33 (0)
2007–2008 Cerro 5 (0)
2008–2009 Racing Club 1 (0)
2009–2010 Atlético Monzón 36 (0)
2010 Binéfar 0 (0)
2010–2011 La Muela 8 (0)
2011–2014 CD Ourense 105 (0)
2014–2015 Barakaldo 33 (0)
2015–2016 Compostela 36 (0)
2016–2017 Boiro 35 (0)
2017–2019 UD Ourense 74 (0)
2019–2024 Compostela 141 (0)
2024– Ourense CF 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de xuño de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Patricio Guillén Gandini, coñecido coma Pato Guillén, nado en Montevideo o 28 de decembro de 1984, é un futbolista uruguaio. Xoga na demarcación de gardameta e o seu equipo actual é o Ourense CF, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do CA River Plate Montevideo, debutando co primeiro equipo na tempada 2003/04. Despois de pasar por varios equipos uruguaios coma CA Cerro ou Racing Club pasou ao fútbol español, fichando en 2009 polo Atlético Monzón. A continuación xogou no CD Binéfar e pasou logo por varios equipos de Segunda B: CD La Muela, CD Ourense, Barakaldo, Compostela e Boiro, estando unha tempada en cada un deles excepto no Ourense, no que xogou tres anos.

En 2017 foi unha das fichaxes estrela da UD Ourense, equipo de Preferente, creado só tres anos antes como herdeiro do desaparecido CD Ourense.[1] Foi clave no ascenso á Terceira División e na primeira tempada do club en dita categoría.[2]

En xullo de 2019 volveu ao Compostela,[3][4] sendo titular en todos os partidos e contribuíndo ao ascenso á Segunda B ao remate da tempada.[5] Militou durante os seguintes catro anos no club compostelán, disputando un total de 143 partidos oficiais.

En xuño de 2024 regresou á capital ourensá para asinar como novo gardameta do Ourense CF, equipo que viña de ascender á Primeira División RFEF.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

CD Ourense
Compostela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pato Guillén y Alfredo, refuerzos de lujo para la UD Ourense". Faro de Vigo (en castelán). 2 de xuño de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  2. "Pato Guillén: "Preferí marcharme"". La Región (en castelán). 10 de outubro de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  3. "Pato Guillén regresa ao Compos". 13 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  4. "Pato Guillén y David Soto completan el rompecabezas del Compostela". El Correo Gallego (en castelán). 14 de xullo de 2019. Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  5. Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2020. 
  6. Garrote, Pepe (26 de xuño de 1924). "El Ourense CF hace fichajes en las dos porterías: llegan Pato Guillén y Carbonell" (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]