Saltar ao contido

Pastor Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPastor Alonso
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Noia
1987 – 1992 (inhabilitación para cargos públicos)
← Jesús Díaz Fornas Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Dialnet: 4156236

Pastor Alonso Paz, nado en Ferrol en 1954,[1] é un médico e antigo político galego que foi alcalde de Noia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, é urólogo de profesión. Realizou a especialización en uroloxía en Barcelona. Acadou unha certa sona a primeiros dos oitenta por realizar vasectomías en Ferrolterra,[1] onde estaba destinado, e polas campañas de popularización desta técnica. De feito, formou en Narón o Consello Galego de Saúde, unha organización que avogaba por unha sanidade pública dende unha perspectiva de esquerdas.[2] Ampliou a súa formación como médico urólogo en Lisboa.

Politicamente, foi a primeiros dos oitenta concelleiro nacionalista en Narón. Trasladado profesionalmente primeiro ás Pontes[3] e logo a Noia, encabezou a lista do BNG á alcaldía de Noia en 1987, e obtivo a vitoria, sendo elixido alcalde da vila e gobernando en minoría. Xunta el, nas filas nacionalistas tamén foran elixidos concelleiros, entre outros, Xaquín Fernández Leiceaga e Antón Avilés de Taramancos. Naquel tempo foi un dos fundadores da Fundación Galega contra o Narcotráfico.[4] As actuacións polémicas de Alonso e a súa popularidade nos medios como alcalde que loitaba contra o narcotráfico foron da man. É a época dos conflitos coas areeiras, a reivindicación como pública da illa da Creba, o caso do vertedoiro en San Lázaro e a liorta interna que mantivo co secretario municipal.[5]

Ao remate do primeiro mandato, Alonso incorporara as súas filas catro concelleiros de PP e PSOE,[5] e revalidou o triunfo en 1991 desta volta con maioría absoluta, mais en 1992 foi condenado por prevaricación polo Tribunal Supremo,[6] por un desaloxo incorrecto a unha familia xitana que realizara durante o seu mandato.[7] Inhabilitado, continuou vencellado á política como asesor do seu sucesor, Bieito González, até que foi cesado pola propia corporación ao perder a súa confianza[6][8][9] e deixou definitivamente a política local en 1993.[10]

Nese ano lanza Alternativa Galega, unha nova formación de carácter centrista e nacionalista, que se presenta ás eleccións xerais de 1993, e posteriormente ás autonómicas de outubro dese ano, pero onde non consegue máis ca algo máis de 3.000 votos e ningunha representación. Nas eleccións municipais de 1995 o partido consegue un único concelleiro en Noia, Díez Rechou, e apoiou o PP para que esta formación se fixese coa alcaldía. Ao pouco o partido disólvese e Alonso abandona de vez a política.

Proseguiu a súa traxectoria como médico e tivo consulta en Ferrol e Bilbao.[11] Residiu en Francia.[12] Ten investigado e publicado artigos sobre trasplantes renais.[13]

  1. 1,0 1,1 Rivas, Manuel (1984-07-23). "Los astilleros de Bazán y Astano aportan el mayor número de gallegos vasectomizados". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-03. 
  2. Rivas, Manuel (1984-11-12). "Pastor Alonso". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-01-03. 
  3. Blanco Antelo, Fina e Nieves Seijo Sabín (2015). "Entrevista aos nosos maiores: Jaime Vilaboy". Hume. Revista de Estudos Históricos Locais 8: 265. ISSN 1888-6183. 
  4. Carretero, Nacho (2017). Fariña. Xerais. p. 163. 
  5. 5,0 5,1 "Un arca de Noé en arenas movedizas". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2019-01-03. 
  6. 6,0 6,1 "La prevaricación salpica al alcalde noiés, que fue cesado". www.lavozdegalicia.es. 06-06-2017. Consultado o 03-01-2019. 
  7. Cuadra, Bonifacio de la (09-04-1990). "Inhabilitado por 6 años el alcalde de Noia por el desalojo "racista" de una familia gitana". elpais.com. Consultado o 03-01-2019. 
  8. G., M. (15-05-2006). "Dos libros recogen la evolución política de Noia de 1979 a 1995". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2019. Consultado o 03-01-2019. 
  9. "Xerardo Agrafoxo recolle a evolución política de Noia". www.galiciahoxe.com. 15-05-2006. Arquivado dende o orixinal o 04-01-2019. Consultado o 03-01-2019. 
  10. "La prevaricación salpica al alcalde noiés, que fue cesado". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-06. Consultado o 2019-01-03. 
  11. "Dr. Pastor Alonso Paz. Urología Bilbao. Clínica Euskalduna". www.clinicaeuskalduna.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-03. 
  12. "El polémico regidor de Noia agranda la conflictiva leyenda del Concello". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-08-22. Consultado o 2019-01-03. 
  13. "Pastor Alonso Paz's research works in Medicine". ResearchGate (en inglés). Consultado o 2019-01-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Jesús Díaz Fornas
 
Alcalde de Noia
 
1987 - 1992
Sucesor:
Bieito González