Partido Nacional Escocés
Partido Nacional Escocés Scottish National Party (SNP) Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba | |
---|---|
Partido político de Escocia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | John Swinney |
Mocidades | Young Scots for Independence |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 7 de abril de 1934 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo escocés[1][2][3][4] Independentismo escocés[5] Socialdemocracia[6][7][8] Rexionalismo[9][10] Europeísmo[11] Centro-esquerda[12][13][14] |
Representación | |
Cámara dos Comúns (escanos escoceses) | 44 / 59 |
Parlamento escocés | 64 / 129 |
Gobernos locais | 399 / 1.227 |
Outros datos | |
Sede | Gordon Lamb House, 3 Jackson's Entry Edimburgo EH8 8PJ |
Na rede | |
www.snp.org | |
O Partido Nacional Escocés (en scots: Scots National Pairty, en escocés: Pàrtaidh Nàiseanta na h-Alba, ou tamén coñecido como SNP) é un partido político escocés de carácter nacionalista e socialdemócrata. O Partido Nacional Escocés apoia e fai campaña a prol da independencia de Escocia dentro da Unión Europea,[9][15][16] cunha plataforma baseada no nacionalismo cívico.[17][18] O Partido Nacional Escocés é o terceiro meirande partido político do Reino Unido, logo do Partido Laborista e o Partido Conservador, e é o meirande partido político de Escocia, onde ten a maioría dos asentos do Parlamento escocés e 44 dos 59 escanos escoceses na Cámara dos Comúns de Westminster. A líder do Partido Nacional Escocés é Nicola Sturgeon, quen exerce como Primeiro ministro de Escocia dende o 20 de novembro de 2014.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1934 trala fusión do Partido Nacional de Escocia co Partido Escocés, tendo como primeiros presidentes nunha presidencia conxunta a James Graham, 6º duque de Montrose e a Cunninghame Graham. O primeiro secretario xeral do partido foi Alexander MacEwen. Douglas Young, que foi líder do Partido Nacional Escocés entre 1942 e 1945, fixo campaña en contra do recrutamento obrigatorio e as súas actividades foron vilipendiadas por menoscabar o esforzo de guerra británico contra as potencias do Eixe. Young foi encarcerado por negarse a ser recrutado.
O SNP gañou por primeira vez un escano parlamentario polo distrito de Motherwell en 1945, pero o deputado Robert McIntyre perdeu o asento nas eleccións xerais tres meses despois. Despois conseguiron un escano en 1967, cando Winnie Ewing foi o gañador por sorpresa no distrito de Hamilton, feudo laborista. Isto deu protagonismo nacional ao SNP, levando á creación da Comisión Kilbrandon.
O partido logrou unha gran subida de votos nas eleccións xerais de outubro de 1974, obtendo case un terzo dos votos en Escocia e metendo 11 deputados en Westminster. Con todo, o partido experimentou unha gran caída nas eleccións xerais de 1979, seguida dunha nova caída nas eleccións de 1983. O éxito das eleccións xerais de outubro de 1974 non se superou ata as eleccións xerais de 2015.
Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2007, o SNP foi o maior partido obtendo 47 escanos (superando ao Partido Laborista Escocés con 46 escanos) e Alex Salmond converteuse no primeiro ministro escocés. O Partido Verde Escocés apoiou a elección de Salmond como primeiro ministro e os seus posteriores nomeamentos de ministros, a cambio da presentación anticipada do proxecto de lei sobre o cambio climático e o nomeamento dun deputado verde para presidir unha comisión parlamentaria.[19]
En maio de 2011, o SNP gañou a maioría absoluta no Parlamento escocés con 69 escanos. Isto foi un logro significativo, xa que o sistema de membro adicional usado nas eleccións ao Parlamento escocés foi deseñado especificamente para evitar que un partido obtivese maioría absoluta.[20] Con este resultado o SNP promoveu a realización do referendo de independencia de Escocia de 2014. Tras unha dura campaña gañou o "non" á independencia cun resultado de 55-45% e o primeiro ministro Alex Salmond dimitiu.[21]
Con todo, a perda do referendo non afectou aos resultados electorais do partido. Nas eleccións xerais do Reino Unido de maio de 2015, o partido agora liderado pola sucesora de Salmond, Nicola Sturgeon, pasou de ocupar seis escanos na Cámara dos Comúns a 56, a maioría deles a costa do Partido Laborista. Todas excepto tres das cincuenta e nove circunscricións do país elixiron un candidato do SNP.
Nas eleccións ao Parlamento escocés de 2016, o SNP perdeu 6 escanos, perdendo a súa maioría absoluta, pero conservando o goberno, por terceiro mandato consecutivo. Nas eleccións xerais do Reino Unido de 2017, o SNP tivo uns resultados inferiores aos esperados e perdeu 21 escanos, reducíndose o número de deputados en Westminster a 35. A situación de bloqueo ocasionada polo proceso do Brexit, levou a novas eleccións en decembro de 2019 e o SNP volveu lograr un dos seus mellores resultados, ao gañar 48 dos 59 escanos correspondentes a Escocia.[22]
Evolución do voto
[editar | editar a fonte]Eleccións ao Parlamento Escocés
[editar | editar a fonte]Ano | Líder | Porcentaxe
distritos |
Porcentaxe
membro adicional |
Representantes | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1999 | Alex Salmond | 28.7% | 27.3% | 35 parlamentarios | - |
2003 | John Swinney | 23.7% | 20.9% | 27 parlamentarios | ▼ 8 |
2007 | Alex Salmond | 32.9% | 31.0% | 47 parlamentarios | ▲ 10 |
2011 | 45.4% | 44.0% | 69 parlamentarios | ▲ 22 | |
2016 | Nicola Sturgeon | 46.5% | 41.7% | 63 parlamentarios | ▼ 6 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hassan, Gerry (2009). The Modern SNP: From Protest to Power. Edinburgh University Press. pp. 5, 9.
- ↑ Christopher Harvie (2004). Scotland and Nationalism: Scottish Society and Politics, 1707 to the Present. Psychology Press. ISBN 978-0-415-32724-4. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ "Scottish National Party | History, Policy, & Leader". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Will there be another independence referendum?". Consultado o 25 de setembro de 2020.
- ↑ The, SNP. "How can the SNP support membership of the EU alongside independence?". Consultado o 26 de outubro de 2020.
- ↑ "About Us". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2020.
- ↑ Eve Hepburn (18 de outubro de 2013). New Challenges for Stateless Nationalist and Regionalist Parties. Routledge. p. 9. ISBN 978-1-317-96596-1. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ Bob Lingard (24 de xullo de 2013). Politics, Policies and Pedagogies in Education: The Selected Works of Bob Lingard. Routledge. p. 120. ISBN 978-1-135-01998-3. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ 9,0 9,1 Frans Schrijver (2006). Regionalism After Regionalisation: Spain, France and the United Kingdom. Amsterdam University Press. pp. 261–290. ISBN 978-90-5629-428-1. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ Lynn Bennie (2017). "The Scottish National Party: Nationalism for the many". En Oscar Mazzoleni; Sean Mueller. Regionalist Parties in Western Europe: Dimensions of Success. Taylor & Francis. pp. 22–41. ISBN 978-1-317-06895-2.
- ↑ "Anti-Brexit feeling expected to help SNP in European elections". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2019. Consultado o 15 de maio de 2019.
- ↑ Ari-Veikko Anttiroiko; Matti Mälkiä (2007). Encyclopedia of Digital Government. Idea Group Inc (IGI). p. 398. ISBN 978-1-59140-790-4. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2013.
- ↑ Josep M. Colomer (25 de xullo de 2008). Political Institutions in Europe. Routledge. p. 26. ISBN 978-1-134-07354-2. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ Ibpus.com; International Business Publications, USA (1 de xaneiro de 2012). Scotland Business Law Handbook: Strategic Information and Laws. Int'l Business Publications. p. 29. ISBN 978-1-4387-7095-6. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ Michael O'Neill (22 de maio de 2014). Devolution and British Politics. Routledge. p. 92. ISBN 978-1-317-87365-5. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ Gallardo, Cristina (27 de novembro de 2019). Politico, ed. "Scottish National Party's manifesto explained". Londres. Consultado o 4 de maio de 2020.
The SNP wants Scotland to become an independent country and stay in the European Union.
- ↑ Mitchell, James; Bennie, Lynn; Johns, Rob (2012). The Scottish National Party: Transition to Power. Oxford University Press. pp. 107–116.
- ↑ Keating, Michael (2009). The Modern SNP: From Protest to Power, ed. Nationalist Movements in Comparative Perspective. Edinburgh University Press. pp. 214–217.
- ↑ "SNP and Greens sign working deal". BBC (en inglés). 11 de maio de 2007. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "SNP wins majority in Scottish elections" (en inglés). 6 de maio de 2011. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "Alex Salmond resigns as first minister after Scotland rejects independence" (en inglés). 19 de setembro de 2014. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "El SNP gana las elecciones en Escocia y refuerza su demanda de un referéndum" (en castelán). 13 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Nacional Escocés |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brand, Jack, The National Movement in Scotland, Routledge e Kegan Paul, 1978
- Brand, Jack, 'Scotland', in Watson, Michael (ed.), Contemporary Minority Nationalism, Routledge, 1990
- Winnie Ewing, Michael Russell, Stop the World; The Autobiography of Winnie Ewing Birlinn, 2004
- Richard J. Finlay, Independent and Free: Scottish Politics and the Origins of the Scottish National Party 1918–1945, John Donald Publishers, 1994
- Hanham, H.J., Scottish Nationalism, Harvard University Press, 1969
- Christopher Harvie, Scotland and Nationalism: Scottish Society and Politics 1707 to the Present, Routledge (4th edition), 2004
- Gerry Hassan (ed.), The Modern SNP: From Protest to Power, Edinburgh University Press, 2009, ISBN 0748639918
- Lynch, Peter, SNP: The History of the Scottish National Party, Welsh Academic Press, 2002
- John MacCormick, The Flag in the Wind: The Story of the National Movement in Scotland, Victor Gollancz Ltd, 1955
- Mitchell, James, Strategies for Self-government: The Campaigns for a Scottish Parliament, Polygon, 1996
- Mitchell, James, Bennie, Lynn e Johns, Rob, The Scottish National Party: Transition to Power, Oxford University Press, 2011, ISBN 0199580006
- Mitchell, James e Hassan, Gerry (eds), Scottish National Party Leaders, Biteback, 2016.
- Jim Sillars, Scotland: the Case for Optimism, Polygon, 1986
- William Wolfe, Scotland Lives: the Quest for Independence, Reprographia, 1973