Parrulo bóla
Aparencia
| Parrulo bóla | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho adulto. | |||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| 'Aythya affinis' (Eyton, 1838) | |||||||||||||||
O parrulo bóla[1][2] (Aythya affinis) é un paxaro anseriforme da familia dos anátidos.
Características
[editar | editar a fonte]Presenta un marcado dimorfismo sexual que se aprecia non só na coloración da plumaxe, senón tamén no seu talle e peso. Os adultos miden entre 38 e 48 cm de lonxitude (de 42 a 43 cm de media). As femias pesan de media uns 730 gramos, mentres que os machos van dende o 790 até os 850 gramos (820 de media).
Distribución e costumes
[editar | editar a fonte]Cría en ríos e lagos de Alasca, a metade occidental do Canadá e o noroeste dos Estados Unidos. Durante o inverno móvese cara ao sur, ocupando lagos e zonas costeiras do oeste e sur dos Estados Unidos, México, o Caribe e América Central até Panamá.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Macho e femia xuntos.
- Aythya affinis femia.
- Aythya affinis macho.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
- ↑ Guía das aves de Galicia, de Penas Patiño
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parrulo bóla |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aythya affinis en Iucnredlist.org Arquivado 25 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)