Panglao, Bohol
Coordenadas: 9°35′N 123°45′L / 9.583, -123.750
Panglao, Bohol | |
---|---|
Municipality of Panglao (en inglés) Munisipalidad sa Panglao (en cebuano) Bayan ng Panglao (en tagalo) | |
![]() | |
Igrexa de Santo Agostiño en Panglao | |
Localización | |
País | Filipinas ![]() |
Rexión | Visayas Centrais |
Provincia | Bohol |
Distrito | 1º |
Xeografía | |
Altitude | 2,0 msnm |
Superficie | 47,79 km² |
Demografía | |
Poboación | 39 839 habitantes (2020) |
Densidade | 83 hab./km² |
Outros datos | |
Fundación | 1803 |
Código postal | 6340 [1] |
Alcalde | Leonila 'Nila' P. Montero [2] |
Panglao, oficialmente Municipality of Panglao (en inglés), Munisipalidad sa Panglao (en cebuano), Bayan ng Panglao (en tagalo), é unha municipalidade de 4ª clase da provincia de Bohol, en Filipinas.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome Panglao pode provir do nome que tiña antes da chegada dos españois, Panglawod, que significa "ao mar aberto",[3] ou talvez derive da palabra panggaw, en referencia a unha arte de pesca utilizada polos lugareños.
Xeografía[editar | editar a fonte]
É un dos dous municipios en que se divide a illa de Panglao (o outro é Dauis), e é coñecido polas súas praias para practicar mergullos e os seus hoteis turísticos.[4]
O municipio ocupa a parte suroeste da illa homónima de Panglao, e o seu territorio tamén inclúe tres illas máis pequenas: Balicasag,[5] Gak‑ang e Pontod (tamén chamada Pungtud, e coñecida como Virgin Island).[3]
Na illa de Panglao non hai ríos, nin regatos nin lagos, polo que para consegir auga potábe, o municipio depende de pozos e do mananxial subterráneo de Canhilbas.[3]
A cidade, situada a unha altitude media de 2,0 msnm (máxima 187 m; mínima 0 m), ocupa unha superficie de 47,79 km².[6] Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 39 839 habitantes,[7] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 83 hab./km².
No municipio de Panglao encóntrase o Aeroporto Internacional de Bohol-Panglao, que funciona como o aeroporto principal de Bohol, e substitúe ao aeroporto de Tagbilaran desde novembro de 2018.
Barangays[editar | editar a fonte]
Panglao divídese administrativamente en 10 barangays ou barrios:
- Bil-isan (1 000 km², 3 649 hab.)
- Bolod (320 km², 1 906 hab.)
- Danao (620 km², 4 935 hab.)
- Doljo (3 100 km², 3 417 hab.)
- Libaong (500 km², 2 132 hab.)
- Looc (1 000 km², 2 543 hab.)
- Lourdes (410 km², 1 544 hab.)
- Población (780 km², 5 305 hab.)
- Tangnan (580 km², 3 645 hb.)
- Tawala (500 km², 4 477 hab.)
- Nota: Datos referidos a 2020.[7]
Historia[editar | editar a fonte]
Moito antes da colonización española, a zona xa fora visitada por comerciantes chineses e doutros países asiáticos, como demostran os achados arqueolóxicos de porcelana e de artigos comerciais das dinastías Tang, Song e Ming.[3]
Panglao floreceu durante o goberno do reino de Dapitán, pero as incursiónes dos moluqueños e a conquista de Ternate deron lugar a períodos de despoboación, cando os habitantes da zona fuxiron principalmente a Panay e Mindanao.[3]
Durante o dominio español estableceuse unha misión dos xesuítas que, en 1782 transformose unha parroquia, coñecida como a de Santo Agostiño de Panglawod. En 1803 a cidade foi establecida oficialmente como municipio. A "torre de vigilancia de Panglao" construíuse en 1851. Esta torre, octogonal e de cinco andares é a máis alta das do seu tipo en Filipinas, pero hoxe en día está abandonada.[8]
A cidade de Panglao celebra a súa fiesta nos días 27 e 28 de agosto, en honor do seu padrón Santo Agstiño.[9]
Educación[editar | editar a fonte]
Panglao ten varias institucións educativas, entre elas a Academia San Agustín (Panglao), a Escola Secundaria Nacional Lourdes, o Cristal e-College e escolas primarias en cada barangay,[10] incluída a Escola Primaria Central de Panglao.
Turismo[editar | editar a fonte]
A principal atracción turística de Panglao son as súas praias de area branca, das cales a praia de Alona (Alona beach) é a máis famosa. Esta praia de Alona ten aproximadamente 1 500 m de longo, e está bordeada de palmeiras, centros turísticos e tendas.[11] Porén, recibiu críticas polo seu desenvolvemenrto desenfreado, esquecendo as políticas de desenvolvemento municipal, advertindo contra o amoreamento e que Alona perda á súa imaxe de paraíso. Polo tanto, os gobernos municipal, provincial e nacional desenvoveron un plan para construír un novo aeroporto internacional na illa de Panglao, cunha vía de acceso directa á praia de Alona. Este plan estivo operativo en novembro de 2018. Outras praias son as de Bagobo, Bolod, Danao, Doljo e Momo.
Panglao é famosa polos lugaes de megullo, como Doljo Beach, Garden Eels, Arco Point, Kalipayan, Napaling e Puntod. A parte sur da illa está rodeada de arrecifes relativamente estreitos e pouco profundos (de 5 a 6 m) con acantilados submarinos que se afunden a profundidades de 33 a 56 m.[12] Pódense organizar facilmente excursións a outros sitios de mergullo, incluídas as illlas Balicasag e Pamilacan.
Galería[editar | editar a fonte]
Monumento a José Rizal
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Philippines ZIP Code 6340.
- ↑ Montero reassumes mayoral post; Fuertes calls move 'inciting to sedition'". The Bohol Chronicle, 10-09-2018. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Panglao. Municipal profile Arquivado 15 de setembro de 2012 en Wayback Machine.. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "Discover Panglao Island Bohol". en www.bohol-philippines.com (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ Balicasag Island Arquivado 25 de xuño de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ "2015 Census of Population, Report No. 3 – Population, Land Area, and Population Density" (PDF). Philippine Statistics Authority. Quezon City, Philippines. Agosto de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 Census of Population (2020). "Region VII (Central Visayas)". Total Population by Province, City, Municipality and Barangay. PSA. Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ "Bohol Panglao Island Travel Guide"[Ligazón morta] (en inglés). Consultado o 27 de agosto de 2021.
- ↑ Bohol Festivals and Feast Days {{en]].
- ↑ Un barangay (en tagalo baranggay), tamén coñecido polo seu nome colonial, barrio, é a unidade menor de goberno local en Filipinas, e é o termino nas linguas filipinas equivalente a pobo, distrito ou circunscrición. Os municipios e as cidades das Filipinas comprenden varios barangayes. O termo barangay e a súa estrutura fueron concibidos durante a administración do presidente Ferdinand Marcos, substituíndo aos antigos barrios.
- ↑ Alona Beach, Panglao Island
- ↑ Panglao Island Diving.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panglao, Bohol |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Panglao. Province of Bohol en PhilAtlas (en inglés).
- Philippine Standard Geographic Code (en inglés).
- Municipality of Panglao (en inglés).
- Panglao (en inglés).
- Alona Beach Guide (en inglés).