Pandora (deusa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Podemos dicir que existen tres Pandoras:

  • Unha Pandora é filla de Herecteo, a cal se suicidou con súas irmás en Atenas.
  • Unha neta da anterior, filla de Deucalión e Pirra (filla de Epimeteo e Pandora).
  • Segundo a mitoloxía grega, Pandora (chea de virtudes) foi a primeira muller. Indignado Zeus polo engano que sufriu por parte de Prometeo (por revelarlle o segredo do lume á humanidade), decidiu vingarse da raza humana. Encargoulle a Efesto que moldease con arxila unha figura de muller á imaxe das deusas. Atenea vestiu esta figura, as Grazas enxoiárona, as Horas cubrírona de flores, Afrodita deulle a súa beleza e por último Hermes conferiulle a maldade e a falta de intelixencia. Feita a obra, Zeus insufloulle vida á figura e enviou a Pandora como regalo a Epimeteo. Pese a que Prometeo lle ordenara ao seu irmán que non collese ningún presente de Zeus, Epimeteo engaiolado pola beleza de Pandora non lle obedeceu e casou con ela.
Pandora abrindo a caixa (John Gibson)

Conta Hexíodo que Prometeo lograra capturar os males e encerralos nunha vasilla (coñecida hoxe como caixa de Pandora), pero que a funesta Pandora, chea de curiosidade por saber que contiña a vasilla que o seu marido lle prohibira abrir, quitou a tapa e saíron todos os males e esparexéronse pola Terra. Só quedou dentro a esperanza, que cos seus consellos falaces e os seu pobres consolos lle impediron suicidarse.

Outra versión, non obstante, afirma que a vasilla traída por Pandora como regalo de Zeus en realidade tiña os bens. Cando Pandora a abriu, escaparon todos para o Olimpo excepto a esperanza.

A filla de Epimeteo e Pandora, Pirra e o seu esposo Deucalión, fillo de Prometeo, foron as únicas persoas que sobreviviron ao diluvio que Zeus mandou sobre a humanidade para destruíla, na versión grega do diluvio universal.