Saltar ao contido

Papamerda palleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palleira pomarina»)
Papamerda palleiro
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Stercorariidae
Xénero: Stercorarius
Especie: Stercorarius pomarinus
Temminck, 1815
Distribución de S. pomarinus      Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)
Distribución de S. pomarinus      Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)

Distribución de S. pomarinus      Área reprodutora      Área non reprodutora      De paso      Aves errantes (estacionalidade incerta)

O papamerda palleiro[2][3] ou palleira pomarina[4] (Stercorarius pomarinus)[5] é unha ave mariña da familia Stercorariidae. É unha ave migratoria, que inverna no mar nos océanos tropicais. En Galicia é unha ave de paso relativamente abundante.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A súa relación con outras especies non está completamente resolta; o seu ADN mitocondrial é máis similar ao do papamerda real,[6] pero en morfoloxía e comportamento está máis próximo aos papamerdas pequenos (como o papamerda palanquín). A explicación máis probable é unha extensa hibridación entre a real e unha especie de papamerdas menores, o cal tivo como resultado a xeración dunha poboación híbrida que finalmente evolucionou nunha especie distinta, o papamerda palleiro; ou alternativamente entre o papamerda palleiro e unha especie de papamerda do hemisferio sur, dos que o papamerda real sería a descendencia híbrida, que quizais apareceu moi recentemente no século XV.[6][7] Xulgando polas características do esqueleto e o comportamento, o primeiro parece o máis probable, xa que o papamerda palleiro comparte varias semellanzas cos papamedas do xénero "Catharacta" (ver papamerda subantártico), mentres que o papamerda real non parece moi diferente dos seus parentes do hemisferio sur.

A diferenza no ADNmt entre o papamerda palleiro e o real é unha das menores entre dúas especies de vertebrados ata agora analizados, sendo menor que a variación encontrada entre diferentes individuos de especies de ampla distribución. A aparente capacidade de hibridación levou á abolición do xénero separado Catharacta para os papamerdas do hemisferio sur e os papamerdas reais.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O xénero Stercorarius ten un nome latino que significa "do excremento", pola comida regurxitada por outras aves ás que o papamerda persegue, que antes se pensaba que eran excrementos, que seguidamene o papamerda comía. O nome específico pomarinus vén de pomatorhinus, do grego poma, pomatos, 'tapa' e rhis, rhinos, 'nariz, orificio nasal'.[8] Isto refírese á cera (ou ceroma) que cobre a base do seu bico, característica que comparte con outros papamerdas. O nome non ten nada que ver coa rexión báltica de Pomerania.[5]

Descrición

[editar | editar a fonte]
É un gran papamerda duns 45 cm de lonxitude, excluíndo as plumas do centro da cola do aduto en verán, que poden engadir outros 10 cm.

Mide de 46 a 67 cm de lonxitude, e de 110 a 138 cm de envergadura alar e de 540 a 920 g de peso.[9][10][11] O límite máximo de lonxitude inclúe as longas plumas da cola dos adultos na época reprodutora, que teñen uns 10 cm de lonxitude. A identificación desta especie é moi complicada polas úas semellanzas co papamerda palanquín e a existencia de tres morfos. Os papamerdas palleiros son tan grandes coma unha gaivota cana. Son moito máis voluminosos, de ás máis anchas e lembran menos a un falcón que os papamerdas palanquíns, pero mostran a mesma gama de variación de plumaxes. O voo é máis moderado que o da especie menor. Realiza moitas chamadas parlantes ásperas e outras que soan como which-yew.

Os papamerdas palleiros adultos de morfo claro teñen un dorso marrón, partes inferiores principalmente brancas e plumas primarias das ás escuras cun "flash" branco. A cabeza e o pescozo son brancos amarelados cunha parte superior negra. Os adultos de morfo escuro son marróns escuros, e as aves de morfo intermedio son escuros con partes inferiores, cabezas e pescozo algo máis claros. Todos os morfos teñen o flash na á branco, que aparece como un dobre flash diagnóstico na parte inferior da á. Nos adultos reprodutores de todos os morfos, as dúas plumas da cola centrais son moito máis longas que as outras, teñen forma de culler e están retortas con respecto á horizontal. Os xuvenís son aínda máis difíciles de identificar, e son difíciles de distinguir dos papamerdas palanquíns a distancia e só pola plumaxe.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Ovos de Stercorarius pomarinus

Esta especie reprodúcese no distante norte de Eurasia e Norteamérica. Aniña na tundra e illas árticas, poñendo 2 ou 3 ovos marróns oliváceos en depresións forradas de herba. Igual que outros paparmerdas, voa facendo pasadas pola cabeza dunha persoa ou outro intruso que se achega ao seu niño. Aínda que non pode inflixir graves danos, a experiencia pode ser atemorizante e dolorosa.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase de peixes, prea, sobras, pequenas aves ata o tamaño dunha gaivota cana e roedores, especialmente lemmings. Persegue e róuballe as súas capturas a gaivotas, carráns e incluso mascatos. Igual que a maioría das especies de papamerdas, realiza este comportamento pirata durante todo o ano, mostrando grande axilidade acosando as súas vítimas. Só a gaivotóns, o pigargo e a aguia real capturan papamerdas palleiros adultos sans.

Na Costa Dourada no SE de Queensland, Australia
  1. "Stercorarius pomarinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  3. [`DiGalego|48214}}
  4. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Cocker, Mark; Mabey, Richard (2005). Birds Britannica. Random House. p. 228. ISBN 0701169079. Consultado o 25 May 2014. 
  6. 6,0 6,1 Blechschmidt, Karin; Peter, Hans-Ulrich; de Korte, Jacobus; Wink, Michael; Seibold, Ingred; Helbig, Andreas (1993). "Untersuchungen zur molecularen Systematik der Raubmöwen (Stercorariidae)" [Investigations on the Molecular Systematics of Skuas (Stercorariidae)] (PDF). Zoologisches Jahrbuch für Systematik (en alemán) 120: 379–387.  Cited in DeBenedictis, Paul A. (1997). "Skuas". Birding XXIX (1): 66–69. 
  7. Furness, Robert W.; Hamer, Keith (2003). "Skuas and Jaegers". En Perrins, Christopher. Firefly Encyclopedia of Birds. Firefly Books. pp. 270–273. ISBN 1-55297-777-3. 
  8. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 314, 365. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  9. "Pomarine jaeger (Stercorarius pomarinus)". arkive.org. 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2011. Consultado o 2011-10-20. 
  10. "Pomarine Jaeger Stercorarius pomarinus". enature.com. 2011. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2006. Consultado o 29 de agosto de 2019. 
  11. Dunning, John B. Jr., ed. (1992). CRC Handbook of Avian Body Masses. CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]