Saltar ao contido

Estercoráridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stercorarius»)
Estercoráridos

Palleira parasita
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Stercorariidae
Xénero: Stercorarius
Brisson, 1760
Especies

Véxase texto

Os estercoráridos (Stercorariidae) son unha familia de aves da orde Charadriiformes coñecidas vulgarmente como palleiras,[1] merdeiros[1] ou papamerdas[2]. Os papamerdas están emparentados coas gaivotas, as aves zancudas e as pardelas.

Características

[editar | editar a fonte]

En xeral, son aves de tamaño medio a grande, cunha plumaxe tipicamente agrisada ou marrón, e a miúdo presentan unhas manchas brancas nas ás. O seu peteiro é bastante longo, coa punta curvada, e os seus pés son palmados con poutas afiadas. Os papamerdas semellan gaivotas grandes e escuras, mais posúen unha membrana carnosa ou cera sobre a mandíbula superior que a diferenza destas. Son aves fortes e acrobáticas.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

Son aves mariñas que aniñan en rexións tépedas e árticas, e son aves migratorias de longa distancia.

Fóra da época de reprodución aliméntanse de peixes e preas. Moitos son cleptoparasitos parciais e cazan gaivotas, carráns e outras aves mariñas para roubarlles as súas capturas; as especies de maior tamaño a miúdo matan e aliméntanse de aves adultas, que poden acadar o tamaño do gaivotón atlántico. Nas zonas de cría, aliméntanse normalmente de lemmings, e de ovos e crías doutras aves.

Palleira parasita

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Nas tres especies máis pequenas (todas elas holárticas) as aves reprodutivas posúen as dúas plumas centrais da cola claramente alongadas e polo menos algúns adultos teñen as partes inferiores de cor branca e o pescozo de cor amarela clara, características estas que as especies de maior tamaño (todas orixinarias do Hemisferio Sur agás o palleira grande) non comparten. Por tanto, os papamerdas divídense a miúdo en dous xéneros: Stercorarius, ao que só pertencen as especies de menor tamaño, e Catharacta, ao que pertencen as especies de maior tamaño. Con todo, non existe unha base xenética para esta separación. De feito, o ADN mitocondrial (que se herda só da nai) do papamerda pomarino e o do palleira grande presentan máis afinidades entre si que co do papamerda palanquín ou calquera das especies do Hemisferio Sur. Así pois, a hibridación debe xogar un papel importante na evolución da diversidade dos papamerdas do Hemisferio Norte.

Coñécense sete especies de Stercorarius:[3]

As catro derradeiras especies clasifícanse ás veces no xénero Catharacta.[4]

  1. 1,0 1,1 Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa (A Coruña) 1: 122. Consultado o 16 de agosto de 2018. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  3. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". Zoonomen. Consultado o 27 de abril de 2009. 
  4. BirdLife International 2008. Stercorariidae. In: IUCN 2008. 2008 IUCN Rede List of Threatened Species

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]