Paleoclimatoloxía
A paleoclimatoloxía é o estudo dos cambios no clima ao longo da paleontoloxía ou de toda a historia da Terra. O interese moderno no cambio climático incrementou significativamente o estudo dos climas do pasado.
Os climas do pasado só poden estudarse mediante reconstrución por indicadores indirectos (proxy). Os datos obtéñense a partir do estudo de rochas, sedimentos, xeo, aneis de árbores, corais, cunchas e microfósiles. Estes rexistros utilízanse para deducir os estados pasados do clima da Terra e o seu sistema atmosférico.
Os estudos sobre os cambios pasados nos ecosistemas e na os seus efectos na biodiversidade permiten comprender mellor os fenómenos actuais. Por exemplo, analizar o impacto do clima nas extincións masivas e na recuperación posterior da vida axuda a desvelar os patróns e as consecuencias desas extincións.[1]
Eventos climáticos destacados na historia da Terra
[editar | editar a fonte]
O coñecemento dos eventos climáticos precisos diminúe a medida que se remonta no tempo. Algúns eventos climáticos notábeis son:
- Sol xove feble
- Glaciación huroiniana (~2400 millóns de anos, a Terra completamente cuberta de xeo probablemente debido ao Gran evento de osixenación)
- Neoproterozoico "Terra bóla de neve" (~600 millóns de anos, precursor á explosión cambriana ou cámbrica). Glaciación Gaskiers (~579,7 millóns de anos)
- Colapso das selvas carboníferas (~300 millóns de anos)
- Evento de extinción Permiano-Triásico (251.4 millóns de anos)
- Eventos anóxicos oceánicos (~120 millóns de anos, 93 millóns de anos, e outros)
- Evento de extinción Cretáceo-Paleoxeno (66 millóns de anos)
- Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno (55 millóns de anos)
- Glaciación de Würm (~115.000 a 11.700 anos)
- Younger Dryas/ Grande Xeada (~11 mil anos)
- Óptimo climático do Holoceno (~7-3 mil anos)
- Cambios climáticos do 535-536
- Período cálido medieval (900-1300)
- Pequena Idade de Xeo (1300-1800)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sahney S. e Benton M.J. (2008). "Recovery from the most profound mass extinction of all time". Proceedings of the Royal Society: Biological 275 (1636): 759–765. PMC 2596898. PMID 18198148. doi:10.1098/rspb.2007.1370.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Paleoclimatology: Reconstructing Climates of the Quaternary - Raymond S. Bradley
----
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |