Zócolo (construción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Tipos de zócolos en columnas.

O zócolo (do latín socculus, "baseamento") en arquitectura e construción é a parte inferior dunha construción que ten como función elevar os baseamentos ao mesmo nivel ou cota[1].

Adoitan construirse de pedra tallada con elevadas prestacións aos esforzos de compresión, é por esta razón polo que predomina o granito. O zócolo está soportado directamente sobre os alicerces dos edificios, antigamente consistía nun paralelepípedo pétreo que se asentaba inmediatamente sobre o chan.[2]

Nas columnas denomínase zócolo (ou baseamento) á peza cilíndrica sobre a que se soporta, é por esta razón pola que se emprega como sinónimo de pedestal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición en Portal das palabras da RAG.
  2. Francisco José León Tello, María M. Virginia Sanz Sanz, (1994), Estética y teoría de la arquitectura en los tratados españoles del siglo XVIII, Madrid, páx. 123.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]