Palaemonetes antennarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Palaemoneetes antennarius
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Infraorde: Caridea
Familia: Palaemonidae
Subfamilia: Palaemoninae
Xénero: Palaemonetes
Especie: P. antennarius
Nome binomial
Palaemonetes antennarius
(H. Milne Edweards, 1837) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Palaemon lacustris von Martens, 1857
  • Palaemon varians var. termaiophilus Garbini, 1881
  • Palaemonetes varians var. macrogenitor Boas, 1889
  • Palaemonetes varians var. thermajophilus Garbini, 1879
  • Pelias migratorius Heller, 1862

Palaemonentes amtennarius é unha especie de crustáceo decápodo carideo da familia dos palemónidos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1837 por H. Milne Edwards en: Milne Edwards, H. (1834-1840): Histoire naturelle des Crustacés, comprenant l’anatomie, la physiologie et la classification de ces animaux. París: Librairie encyclopédique de Roret.

Distribución[editar | editar a fonte]

Palaemonentes amtennarius vive nos ríos, lagos e esteiros do dos países mediterráneos, desde Eslovenia, Italia e Croacia, polo oeste, até Turquía, polo leste (incluíndo Grecia e as súas illas máis grandes).
Vive en ríos e lagos e, a pesar de ser unha forma típica de auga doce, tense observado en augas lixeiramente salobres.[2]

Estado de conservación e pesca[editar | editar a fonte]

Conservación[editar | editar a fonte]

A súa presenza na zona é xeneralizada e, en ausencia de calquera das principais ameazas coñecidas, a UICN considera o status da especie como "LC" (pouco preocupante).[3]

Pesca[editar | editar a fonte]

A especie é obxecto de pesca comercial no Mediterráneo e no mar Negro.[4]

Nome galego[editar | editar a fonte]

Os profesores F. Lahuerta e F. X. Vázquez propoñen para esta especie o nome de camarón das lagoas.[4]

Os nomes noutros idiomas, segundo este autores son:

  • Castelán: camarón lacustre
  • Francés: bouquet des lagunes
  • Inglés: pond shrimp

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 [ Palaemonetes antennarius (H. Milne Edwards, 1837)] no WoRMS.
  2. d'Udekem d'Acoz, C. (1999): "Inventaire et distribution des crustaces decapodes de l'Atlantique nord-oriental, de la Mediterranee et des eaux continentales adjacentes au Nord de 25° N". Museum national d'Histoire naturelle, Paris.
  3. Palaemonentes amtennarius Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine. na "Lista vermella! de especies ameazadas da UICN.
  4. 4,0 4,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 223.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J. (eds.) (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.
  • Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 90-73239-21-4.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.

Outros artigos[editar | editar a fonte]