Palacio Real de Aranjuez
Palacio Real de Aranjuez | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Palacio Real de Aranjuez | ||||
Tipo | palacio real e museo ![]() | |||
Parte de | Paisagem cultural de Aranjuez (pt) ![]() ![]() | |||
Estilo | arquitectura renacentista española ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Aranjuez ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Filipe II de España ![]() | |||
Arquitecto | Juan Bautista de Toledo ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Identificador | RI-51-0001063 | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | patrimonionacional.es… ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O Palacio Real de Aranjuez é unha das residencias da Familia Real Española, situada no Real Sitio e Vila de Aranjuez (Comunidade de Madrid), que é xestionada e mantida por Patrimonio Nacional.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Cando o Emperador Carlos V empezou a interesarse por desenvolver Aranjuez como unha vila rexia con amplo coto de caza aposentouse, como en 1501 fixera Filipe o Fermoso, no vello palacio dos maestres de Santiago.
Foi erixido por orde de Filipe II, quen lle encomendou o proxecto ao arquitecto Juan Bautista de Toledo, que morreu durante a súa construción, polo que a súa discípulo Juan de Herrera foi o encargado de rematar a obra. Durante todo o século XVII parouse a obra, ata que en tempos de Fernando VI lévase a cabo unha importante ampliación, que continuará Carlos III dotándoo dunhas ás que encerran o patio de armas, tal e como se pode contemplar hoxe en día. Un palacio menor, a chamada Casa do Labrador, sitúase fóra do recinto, formando parte do Xardín do Príncipe.
Os inmensos xardíns, proxectados para enxalzar a residencia real da árida e seca meseta do centro de España, e regados coas augas dos ríos Texo e Jarama, son os máis importantes do período dos Habsburgo en España. Alcanzaron singular renome grazas ao Concerto de Aranjuez, de Joaquín Rodrigo, considerada a composición musical española máis escoitada no mundo. En 2001 esta contorna foi declarada «Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade» pola Unesco.
Do Palacio destacan a Sala Chinesa ou Gabinete de Porcelana, así como a Sala dos Espellos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio Real de Aranjuez |