Xardíns de Aranjuez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 40°02′22″N 3°36′09″O / 40.039386111111, -3.6024138888889

Xardíns de Aranjuez

Os Xardíns de Aranjuez (en castelán: Jardines de Aranjuez) son unha serie de bosques e parques axardinados e ornamentados con numerosas fontes e estatuas, situados xunto ao río Texo e ao Palacio Real de Aranjuez, na Comunidade de Madrid. Están ao coidado do Patrimonio Nacional da monarquía española e ademais ostentan o título de Patrimonio da Humanidade baixo o nome global de Paisaxe cultural de Aranjuez (que tamén inclúe o palacio) outorgado pola Unesco en 2001.

Os Xardíns son catro: o do Parterre, o da Illa, o do Príncipe e o de Isabel II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]