Casa do Labrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°02′29″N 3°35′12″O / 40.04139, -3.58667

Casa do Labrador

A Casa do Labrador (en castelán: Casa del Labrador) é unha das residencias da Familia Real Española. É un palacete neoclásico, que se atopa no municipio español de Aranjuez, na parte meridional da comunidade de Madrid.

A súa construción comezou a finais do século XVIII, a partir dun deseño inicial do arquitecto Juan de Villanueva, que foi transformándose sucesivamente nos trece anos que duraron as obras e reformas. O seu aspecto final débese a Isidro González Velázquez, quen dotou ao conxunto de numerosos motivos ornamentais externos. O interior destaca pola súa decoración suntuosa, obra de Jean-Démosthène Dugourc, no seu maior parte, e polas pinturas de Mariano Salvador Maella, entre outros autores.

O monumento depende de Patrimonio Nacional, o organismo estatal que gestiona os bens do Estado ao servizo da Coroa. No ano 2001 foi catalogado como Patrimonio da Humanidade, xunto con outros recintos histórico-artísticos da localidade, inscritos na lista da Unesco co nome de Paisaxe cultural de Aranjuez. Está permitida a súa visita, a partir de horarios establecidos.