Pablo Sáinz Villegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Sáinz Villegas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1977 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista clásico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webpablosainzvillegas.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: psainzvillegas Twitter: psainzvillegas Instagram: pablospanishguitar Dialnet: 5987180 Musicbrainz: 097f173b-8ceb-47fb-b0b1-9f0d13b1c620 Discogs: 1129846 Editar o valor em Wikidata

Pablo Sáinz Villegas (nado o 16 de xuño de 1977) é un guitarrista clásico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Logroño, A Rioxa, onde comezou a súa formación musical aos seis anos. Continuou os seus estudos en Santander, no Conservatorio Superior de Madrid e en Alemaña.[1] Residente en Nova York dende 2001 a súa carreira profesional como concertista levouno a actuar en prestixiosos auditorios como o Concertgebouw de Ámsterdam, a Filharmónica de Berlín, o Teatro Chaikovskii de Moscova e no Carnegie Hall de Nova York.[2] Tamén gañou sona por traballar con importantes referentes da música clásica internacional como Plácido Domingo, con quen tocou no Estadio Santiago Bernabeu e no Amazonas, ou John Williams.[3][4] En Galicia deu un concerto coa Orquestra Sinfónica de Galicia na Coruña en 2019 e participou no Festival Bal y Gay de 2021.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moreno Galilea, Diego (Marzo 2019). "Pablo Sáinz Villegas: ilustre embajador de la guitarra". Belezos, revista de cultura popular y tradiciones de La Rioja (39): 46–51. 
  2. "Distinciones Día de La Rioja 2018". Gobierno de La Rioja. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2021. Consultado o 24 de setembro de 2021. 
  3. UU), EFE LOS ÁNGELES (EE (2012-06-02). "John Williams salta del cine a la guitarra clásica". diariodenavarra.es (en castelán). Consultado o 2021-09-24. 
  4. "PLÁCIDO DOMINGO Y PABLO SÁINZ VILLEGAS". Sony Classical España (en inglés). Consultado o 2021-09-24. 
  5. Carrillo, Julián (2019-02-04). "La emoción, la calma y una deconstrucción bien dosificada". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-09-24. 
  6. "ALMA DE GUITARRA - PABLO SÁINZ VILLEGAS, GUITARRA". Festival Bal y Gay (en castelán). Consultado o 2022-03-15. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa:[editar | editar a fonte]