Pórtico real da Catedral de Tui
Pórtico Real | |
---|---|
Presentación | |
Localización | Catedral de Tui |
Coordenadas | 42°02′45″N 8°38′41″O / 42.04583, -8.64472 |
Estilo | gótico |
Propietario | Diocese de Tui-Vigo |
Construción | |
Inicio | circa 1180 |
Data da construción | século XIII |
Estimación de finalización | circa 1225 |
O Pórtico Real da Catedral de Tui é o conxunto escultórico que dá acceso, pola portada principal á Catedral-fortaleza de Santa María da cidade medieval fronteiriza de Tui, no Camiño Portugués de Santiago. E o máis espléndido portal gótico do século XIII existente en Galicia e un dos primeiros que na Península Ibérica se fixeron eco das novas orientacións estilísticas que xurdiran en Francia.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas que representan, de esquerda a dereita, a Moisés, Isaías, san Pedro e san Xoán o Bautista, do outro lado, o profeta Daniel, Xeremías e Berenguela ou Urraca de Portugal e Afonso IX ou Fernando II, reis e raíñas que favoreceron a construción da catedral.
No tímpano desta fachada, dividido en tres niveis, aparecen as seguintes escenas:
- Unha representación da Xerusalén celestial. Na pedra do fondo, aínda se poden ver restos da policromía orixinal.
- Escenas dos Magos: á esquerda, os Reis Magos visitan a Herodes, no centro, Adoración ao Neno Xesús. Como na escena anterior, á dereita, en segundo plano está san Xosé.
- Escena da Natividade, no plano inferior: coa anunciación aos pastores á esquerda, a Virxe co Neno no centro, nunha cama con dosel, ao seu carón, un algo apartado, San Xosé, e á dereita o que podería ser o anuncio á profetisa Ana. Resulta moi orixinal a escena central da Virxe: dunha banda, aparece nunha cama con dosel, o que estaría moi lonxe do relato evanxélico, porén, tras ela está o Neno Xesús nun berce ou presebe e asomando as cabezas, a mula e mailo boi, tal como o relatan os evanxeos apócrifos.
As arquivoltas, de arco apuntado, que pechan o conxunto da porta, están decoradas con motivos florais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Yzquierdo Perrín, R. (1996). "Portada Principal da Catedral de Tui". 100 obras mestras da Arte Galega. Nigra Arte. pp. 96–97. ISBN 84-87709-50-8.
- ↑ "Portada Principal de la Catedral de Tuy". La Ilustración Gallega y Asturiana (11). 18/4/1880.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castillo, Á. del (1987) [1972]. "686. Tuy. Catedral". Inventario monumental y artístico de Galicia (en castelán) (2ª ed.). Fundación Barrié. p. 612. ISBN 84-85728-62-9.
… portada principal, más reciente, espléndida, ojival, con elementos románicos aprovechados, con figuras en las columnas, de arquivoltas apuntadas y sumamente decorada con escenas, cobija a esta portada un pórtico ojival almenado.
- Cegarra Martínez, Basilio (1995). "16. Escultura gótica". Atlas Arte. Galicia. Vigo: Nigra. p. 40. ISBN 84-87709-43-5.
- ——— (1999). "Pórtico Real". Guía e rutas da arte. Pontevedra. Guías Galaxia. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 139–141. ISBN 84-8288-329-1.
- García Díaz, Jesús Manuel (28/12/2015). "La sublime verticalidad del portal de la catedral de Tui" http://jesus-manuel.com (en castelán).
- García Iglesias, X.M. (1990). "La escultura gótica". Enciclopedia Temática de Galicia. Arte (en castelán) 5 (4ª ed.). Barcelona: Nauta. p. 57. ISBN 84-278-1210-8.
- Santos, Manoel. El Camino Portugués en Galicia. Naturguías (en castelán). Edicións do Cumio. pp. 21–22 (sen numerar). ISBN 84-8289-273-8.
- Yzquierdo Perrín, R. (1996). "Portada Principal da Catedral de Tui". 100 obras mestras da Arte Galega. Nigra Arte. pp. 96–97. ISBN 84-87709-50-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pórtico real da Catedral de Tui |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Panorámica de 360º en Turismo.gal. Xunta de Galicia.
- Portada principal Catedral de Tui.