Saltar ao contido

Otto Finsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOtto Finsch
Nome orixinalFriedrich Hermann Otto Finsch
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1839
Warmbrunn, Silesia, Reino de Prusia, hoxe Cieplice Śląskie-Zdrój, no voivodato da Baixa Silesia, Polonia
Morte31 de xaneiro de 1917
Brunswick, Imperio alemán
Director de museo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeprusiana, alemá
Actividade
Campo de traballoEtnoloxía, Ornitoloxía, natural science (en) Traducir, zooloxía, bioloxía e viaxe Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Terra do Imperador Guilherme (pt) Traducir
Nova Guinea alemá Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, explorador, ornitólogo, comerciante, etnólogo, naturalista, director de Museo
EmpregadorStädtisches Museum Braunschweig (en) Traducir (1904–)
Rijksmuseum van Natuurlijke Historie (en) Traducir (1898–)
Gesellschaft Museum (en) Traducir (1864–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaFinsch Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElisabeth Finsch (1886–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
PaiMoritz Finsch Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro da Leopoldina

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Goura scheepmakeri, lámina debuxada en 1875 por Finch, que describiu por primeira vez esta especie.

Friedrich Hermann Otto Finsch, nado o 8 de agosto de 1839 en Warmbrunn, Silesia prusiana (hoxe Cieplice Śląskie-Zdrój, Polonia), e finado o 31 de xaneiro de 1917 en Brunswick, Imperio alemán, foi un etnólogo, naturalista e explorador alemán, coñecido pola súa actuación na breve etapa colonial alemá en Nova Guinea a finais do século XIX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Finsch cunha ave de rapina.

Finsch naceu en Warmbrunn, na Silesia prusiana, o 8 de agosto de 1839. O seu pai tiña unha tenda de moenda de vidro, e dirixía unha escola de debuxo. O sesexo do seu pai era que se convertera en empresario.

Pero á idade de 19 anos viaxou a Bulgaria onde traballou como titor. No seu tempo libre estudou historia natural, e publicou un artigo no Journal fur Ornithologie sobre as aves deste país.

Máis tarde chegou a ser conservador do Museo Holandés de Historia Natural en Leiden.

En 1864 pasou a ser o conservador do Museo de Bremen.

En 1876 acompañou ao zoólogo Alfred Brehm nunha expedición ao Turquestán e ao noroeste da China.

Finsch dimitiu do seu posto de conservador de Museo en 1878 para continuaras súas viaxes. Acompañado pola súa muller, Josephine, visitou Polinesia, Nova Zelandia, Australia e Nova Guinea. Regresou a Alemaña en 1882.[1]

En 1884 volveu a Nova Guinea como Comisionado Imperial de Bismarck, e negociou para que a parte noroccidental da illa, xunto con Nova Bretaña e Nova Irlanda, se converteran nun protectorado alemán. Estas terras foron renomeadas como a Terra do Káiser Guillerme e o Arquipélago Bismarck. A capital do protectorado foi chamada Finschhafen ("O Porto de Finch") na súa honra.[2] A cidade, actualmente coñecida como Finschafen ou Finschaven, está situada no nordeste da actual provincia de Morobe de Papúa Nova Guinea, a 80 km ao leste de Lae, a capital da provincia.[3]

Despois de volver a Berlín, Finsch pasou dous anos como conselleiro da compañía Neuguinea-Kompagnie.

En 1898 foi nomeado conservador das coleccións de aves do Rijksmuseum de Leiden.

Finalmente, en 1904, foi nomeado director do departamento de etnografía do Museo Municipal de Brunswick, cidade na que morreu o 31 de xaneiro de 1917.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Catalog der Ausstellung ethnographisher und naturwissenschaftlicher Sammlungen Bremen: Diercksen und Wichlein, 1877
  • Anthropologische Ergebnisse einer Reise in der Sudsee und dem Malayischen Archipel in den Jahren, 1879-1882 Berlin: A. Asher & Co. 1884)
  • Masks of Faces of Races of Men from the South Sea Islands and the Malay Archipelago, taken from Living Originals in the Years 1879-82 Rochester, NY: Ward's Natural Sci. Establish. 1888
  • Ethnologische Erfahrungen und Belegstucke aus der beschreibender Katalog einer Sammlung in K.K. Naturahistorischen Hofmuseum in Wien Viena: A. Holder, 1893
  • 1867-68. Die Papageien / monographisch bearbeitet von Otto Finsch Leiden: Brill [1]
  • con Gustav Hartlaub. "Die Vögel der Palau-Gruppe.Über neue und weniger gekannte Vögel von den Viti-, Samoa- und Carolinen-Inseln". J. des Museum Godeffroy 8, 1875 & 12, 1876
  • Ethnologischer Atlas – Typen aus der Steinzeit Neuguineas. In: Samoafahrten. Reisen in Kaiser-Wilhelms-Land und Englisch-Neu-Guinea in den Jahren 1884 und 1885 an Bord des Deutschen Dampfers Samoa. Ferdinand Hirt, Leipzig 1888
  • Systematische Übersicht der Ergebnisse seiner Reisen und schriftstellerischen Thätigkeit (1859–1899). Friedländer & Sohn, Berlin 1899
  • Zosteropidae. R. Friedländer & Sohn, Berlín 1901 doi:10.5962/bhl.title.1204 doi:10.5962/bhl.title.69288

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Finsch emprégase para recoñecer a Otto Finsch como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

[editar | editar a fonte]
  • Especúlase que o nome do Pokémon Pidgeotto podería provir de "Pidge" —que significa pichón— e Otto —por Otto Finsch—.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Viajes por Samoa". Biblioteca Digital Mundial (en castelán). 1888. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  2. "Finschhafen". Encyclopædia Britannica. Consultado o 7 de xuño de 2019. 
  3. "MOROBE P". yumpu.com (en inglés). Consultado o 2019-12-16. 
  4. Pigdeotto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Abel, Heinrich (1961): "Finsch, Otto". En: Neue Deutsche Biographie. Berlín: Duncker & Humblot. ISBN 3-4280-0186-9, páxinas 163-164.
  • Abel, Herbert (1969): "Finsch, Otto Friedrich Hermann". En: Historische Gesellschaft Bremen, Staatsarchiv Bremen (ed.): Bremische Biographie 1912–1962. Bremen: Hauschild.
  • Friederici, Angelika (2014): "Otto Finsch – Lebendmasken aus der Südsee". En: Castan's Panopticum. Ein Medium wird besichtigt, Berlín: Heft D7. ISBN 978-3-9285-8923-9.
  • Howes, Hilary Susan (2013): The race question in Oceania. A. B. Meyer and Otto Finsch between metropolitan theory and field experience, 1865–1914. Frankfurt am Main: Lang. ISBN 978-3-6316-3874-3.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]