Goura scheepmakeri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Goura scheepmakeri
Pomba coroada de Scheepmaker

Lámina por Otto Finsch (1876)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
(sen clasif.): Columbimorphae
Orde: Columbiformes
Familia: Columbidae
Subfamilia: Gourinae
Xénero: Goura
Especie: G. scheepmakeri
Nome binomial
Goura scheepmakeri
Finsch, 1876
Área de distribución de Goura scheepmakeri
Área de distribución de Goura scheepmakeri

Área de distribución de Goura scheepmakeri
Subespecies
Véxase o texto

Goura scheepmakeri, coñecida na bibliografía internacional como pomba coroada de Scheepmaker, é unha especie de ave pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, subfamilia dos gurinos, unha das catro integradas no xénero Goura.[2].

É unha gran pomba terrestre confinada nos bosques das terras baixas do sur e o sueste de Nova Guinea.

Características[editar | editar a fonte]

A principais características de Goura scheepmakeri son:[3]

  • A súa plumaxe xeal é de cor gris azulado, coa peituga dunha tonalidade granate profunda. Na cabeza exhibe unha elaborada crista de encaixe azul, e o iris do ollo é vermello.
  • As patas, longas, son de cor avermellada.
  • Ambos os sexos teñen unha aparencia similar.
  • Miden uns 70 cm de longo, e pesan uns 2,25 g.

Hábitat, distribución e ecoloxía[editar | editar a fonte]

A pomba coroada de Scheepmaker habita nos bosques primarios secos e inundados, a miúdo aluvais, nas terras baixas do sur de Papúa Nova Guinea, até os 500 m de altitude,[4][5] ao leste do río Purari, até a baía de Orangerie.[6] O límite oeste da súa área de distribución é pouco coñecido, entre os ríos Hegeigio e Purari. Parece que foi eliminada en gran parte do leste da súa área de distribución na chaira costeira máis desenvolvida e máis estreita da provincia Central.[3][7] Pero parece que aínda é bastante común na conca do río Lakekamu, onde foi cazada regularmente, e segue sendo relativamente común e xeneralizada na parte inferior da conca do Purari.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1876 polo zoólogo alemán Otto Finsch,[8] que recibiu un espécime vivo do distribuidor C. Scheepmaker do Natura Artis Magistra ("Natureza mestra das artes"), ou "Artis Royal Zoo", un zoo situado no centro de Ámsterdam, que foi o primeiro zoolóxico dos Países Baixos (fundado en 1838).[9]

Variacións taxonomicas[editar | editar a fonte]

Goura scheepmakeri foi en principio considerada como conespecífica con Goura sclaterii.[10]

Porén, un estudo filoxenético molecular publicado en 2018 encontrou que a pomba coroada de Scheepmaker estaba máis estreitamente relacionada con Goura victoria.[11]

Neste estudo descubriuse que as catro especies do xénero formaban dous pares: Goura cristata é irmá de Goura sclaterii, mentres que Goura scheepmakeri é irmá de Goura victoria. No cladograma seguinte móstranse as relacións destas especies e outras relacionadas con elas:[11]

Goura sclaterii.

Goura cristata

Goura sclaterii

Goura scheepmakeri

Goura victoria

Didunculus strigirostris

Pomba de Nicobar

Solitario de Rodrigues

Dodo

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Goura.

O epíteto específico, scheepmakeri, foi unha homenaxe que Finsch lle fixo a C. Scheepmaker.[9]

Subespecies[editar | editar a fonte]

En Goura scheepmakeri moitos autores recoñcen dúas subespecies:[8][12][13]

  • Goura scheepmakeri scheepmakeri Finsch, 1876 - Do suroeste de Nova Guinea, coas ás de cor apardazada e o ventre gris azulado.
  • Goura scheepmakeri sclaterii Salvadori, 1876 - Do sueste de Nova Guinea coas ás gris azuladas e ventre cunha coloración desteñida.

Porén, na actualidade, segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional (autoridade de referencia para a clasificación das aves), considérase a Goura sclateri como especie separada.[2]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os bosques das terras baixas, particularmente no terreos chans favorábeis pare esta especie, están ameazados pola corta e o desenvolvemento de plantacións de palmeira aceiteira. As estradas para o transporte de troncos e as construídas para as infraestruturas do petróleo e o gas natural permiten o acceso aos cazadores,[14] pero a densidade de poboación humana é moi baixa en gran parte de zona occidental da súa área de distribución.[1]

Goura scheepmakeri cázase para aproveitar a súa carne e, en menor medida, para as súas plumas.[5]. Cazouse até a súa extinción en gran parte da súa área de distribución no sueste, rexión amplamente poboada polo home.[4][15] Porén, a especie é bastante difícil de cazar sen unha escopeta (que esencialmente xa no está dispoñíbel en Nova Guinea) xa que escapa a unha distancia considerábel (uns 40 m) e pousa nas árbores, fóra do alcance dos cazadores con arcos, aínda que ás veces constrúense redes de caza na base de árbores froiteiras adecuadas.[1]

Status[editar | editar a fonte]

Sendo unha ave dócil e frecuentemente cazada para aproveitar a súa carne e o seu penacho, a pomba coroada de Scheepmaker está considerada como VU (vulnerábel) na Lista vermella de especies amenazadas da UICN. Así mesmo, figura no Apéndice II do CITES.[1]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2016): Goura scheepmakeri na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 5 de xuño de 2019.
  2. 2,0 2,1 Family Columbidae na IOC World Bird List. Versión 9.1, 2019, do Congreso Ornitolóxico Internacional.
  3. 3,0 3,1 David Gibbs, Eustace Barnes & John Cox (2001): A Guide to the Pigeons and Doves of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7886-2.
  4. 4,0 4,1 Coates, B. J. (1985): The birds of Papua New Guinea, 1: non-passerines. Alderley, Queensland, Australia: Dove Publications.
  5. 5,0 5,1 5,2 Beehler B. M.; Pratt, T. K. & Zimmerman, D. A. (2014): Birds of New Guinea, Second Edition. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6910-9563-9.
  6. Beehler, Bruce M. & Pratt, Thane K. (2016): Birds of New Guinea. Distribution, Taxonomy, and Systematics. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-6424-3.
  7. del Hoyo, et al. (eds.) (1997): Handbook of the Birds of the World, vol.4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-422-9.
  8. 8,0 8,1 Goura scheepmakeri Finsch, 1876 no ITIS.
  9. 9,0 9,1 Finsch, Otto (1875). "On a new species of crown-pigeon". Proceedings of the Zoological Society of London: 631–633. 
  10. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2017). "Pigeons". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  11. 11,0 11,1 Bruxaux, J.; Gabrielli, M.; Ashari, H.; Prŷs-Jones, R.; Joseph, L.; Milá, B.; Besnard, G.; Thébaud, C. (2018). "Recovering the evolutionary history of crowned pigeons (Columbidae: Goura): Implications for the biogeography and conservation of New Guinean lowland birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 120: 248–258. doi:10.1016/j.ympev.2017.11.022. 
  12. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  13. Goura scheepmakeri na ADW.
  14. King, C. E. & Nijboer, J. (1994): "Conservation considerations for crowned pigeons, genus Goura". Oryx 28: 22-30.
  15. Schodde, R. (1978): "The status of endangered Papuasian birds, and Appendix". en: Tyler, M. J. (ed.), The status of endangered Australasian wildlife, pp. 133-145 e 185-206, respectivamente. Royal Zoological Society of South Australia, Adelaide.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baptista, L. F.; P. W. Trail & H. M. Horblit (1977): "Family Columbidae (Pigeons and Doves)". En: del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal: Handbook of the Birds of the World. Volume 4. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-87334-22-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]