Saltar ao contido

Oryx e Crake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oryx e Crake
 Instancia de
 Título
Oryx and Crake (en)
Le dernier homme (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma artística
 Edicións
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
 Nomeamentos
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Goodreads3143431 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL675722W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02mt7p Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Oryx e Crake (en inglés: Oryx and Crake) é unha novela da escritora canadense Margaret Atwood. No canto de describila coma unha novela de ciencia ficción, a autora defínea como ficción especulativa e romance de aventuras.[1] É a primeira parte da triloxía MaddAddam, á que lle seguen The Year of the Flood (2009) e MaddAddam (2013).

O libro foi orixinalmente publicado pola editorial McClelland and Stewart en 2003, e en 2018 foi traducido ao galego por Estela Villar Nogueira e publicado pola editorial Rinoceronte.[2][3].

Argumento

[editar | editar a fonte]

Jimmy, coñecido como "Home das Neves", loita pola súa vida nun mundo postapocalíptico dominado por animais xeneticamente modificados e onde parece que é o último ser humano supervivente a unha terrible praga. Alternando cos capítulos que acontecen neste mundo desacougante, preséntase a infancia, a adolescencia e o comezo da vida adulta de Jimmy xunto cos outros dous personaxes principais: Crake, o seu mellor amigo, e Oryx, a quen os dous amaban. O protagonista comeza unha viaxe que o levará a descubrir os acontecementos que desencadearon a destrución da humanidade.

  1. Atwood, 2004: 513.
  2. rinoceronte.gal (ed.). "Oryx e Crake". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2019.
  3. culturagalega.gal (ed.). "Oryx e Crake". Consultado o 27 de xaneiro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Adami, Valentina. "Bioethics through Literature: Margaret Atwood's Cautionary Tales". WVR, 2011.
  • Atwood, Margaret. Oryx and Crake. McClelland and Stewart, 2003.
  • Atwood, Margaret. "The Handmaid's Tale and Oryx and Crake in Context". PMLA 119, 2004.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]