Orquídea branca das bolboretas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A orquídea branca das bolboretas, Platanthera bifolia,[1] é unha especie de orquídea do xénero Platanthera, estreitamente relacionadas co xénero Orchis, no que estaban incluídas anteriormente, xunto coas do xénero Habenaria. Distribúese por toda Europa e por Marrocos. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.[2]

Platanthera estivo anteriormente clasificada dentro do xénero Orchis.

Platanthera bifolia.

Descrición[editar | editar a fonte]

Platanthera bifolia, detalle.

As especies de Platanthera distínguense das de Orchis e das de Habenaria, pola ausencia de procesos estigmáticos, ao posuír un esporón nectarífero para atraer aos insectos polinizadores. Outra característica diferenciadora é a das súas raíces tubérculos ovoideas.

Estas orquídeas terrestres desenvólvense en solos básicos e prados húmidos, lindeiros de bosques e en áreas onde a arboleda está clareando. Teñen tubérculos xeófitos enteiros, de ovoides a fusiformes,. Nestes grosos talos subterráneos poden almacenar gran cantidade de auga, que lles permitan sobrevivir en condicións de seca.

Posúen grandes follas ovoides ou oblongas que cambian a lanceoladas na parte superior cerca do ápice. Desenvolven un talo curto que alcanza unha altura de 30-40 cm. As follas da parte superior son máis pequenas que as follas máis baixas do talo.

A inflorescencia, é unha espiga cilíndrica, cunhas 5 a 25 flores pequenas de cor branca neve, con fragrancia. Estas desenvólvense a partir duns capullos axilares. As flores co sépalo dorsal e os pétalos solapados formando un casco, esporón (máis longo que o ovario) cargado de néctar e o estigma único e plano. Florecen a finais de primavera ou no verán.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Estas orquídeas atópanse distribuídas por toda Europa e en Marrocos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Platanthera bifolia foi descrita por (Carl von Linné) Louis Claude Marie Richard e publicada en Mémoires du Muséum d'Histoire Naturelle 4: 57. 1818.[3]

Etimoloxía

Platanthera: procede do grego e significa "antera ampla" referíndose á separación da base dos loculos polínicos.

bifolia: epíteto latino que significa "con dúas follas".

Sinonimia
  • Conopsidium platantherum Wallr.
  • Conopsidium sthenantherum Wallr.
  • Orchis alba Lam.
  • Orchis montana F.W. Schmidt
  • Platanthera montana (F.W. Schmidt) Rchb. fil. in Rchb.[4]
  • Orchis bifolia L. 1753 (basónimo)
  • Lysias bifolia (L.) Salisb. 1812
  • Habenaria bifolia (L.) R.Br. 1813
  • Sieberia bifolia (L.) Spreng. 1817
  • Satyrium bifolium (L.) Wahlenb. 1826
  • Gymnadenia bifolia (L.) G.Mey. 1836
  • Platanthera solstitialis Boenn. ex Rchb. 1830
  • Platanthera bifolia ssp. atropatanica B.Baumann & al. 2003

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Jay Pfahl. "Platanthera bifolia". Internet Orchid Species Photo Encyclopedia (en inglés). Consultado o 7 de abril de 2013. 
  3. "Platanthera bifolia". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  4. "Platanthera bifolia". Real Jardín Botánico: Proyecto Anthos. Consultado o 31 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]