Saltar ao contido

One Piece (serie de televisión de 2023)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

One Piece
 Título
    One Piece (en) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Composto por
Características
 Formato de distribución
 Baseado en
 Franquía de medios
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
31 de agosto de 2023 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de episodios
   16 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Número de tempadas
   2 Editar o valor en Wikidata
 Duración
60 min
50 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt11737520 Filmaffinity: 470604 Allocine: 22408 Rottentomatoes: tv/one_piece_2023 Metacritic: tv/one-piece-2023
Twitter: onepiecenetflix Netlix: 80217863 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

One Piece[1] é unha serie de televisión de fantasía desenvolvida por Matt Owens e Steven Maeda para Netflix. A serie é unha adaptación de acción en vivo do manga One Piece creado por Eiichiro Oda, que actuou como un importante consultor creativo no programa. Foi producida por Kaji Productions e Shueisha (que tamén publica o manga). Está protagonizada por Iñaki Godoy, Emily Rudd, Mackenyu, Jacob Romero Gibson e Taz Skylar como os membros da tripulación do Sombreiro de Palla, centrados no personaxe de Monkey D. Luffy.

A serie estreouse en Netflix o 31 de agosto de 2023,[2] onde conta con opción de subtitulado en galego. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e dos seareiros da franquía, que eloxiaron as interpretacións, o guión, os efectos visuais e a fidelidade ao material orixinal.[3][4] Varios medios considerárona como unha das mellores adaptacións de acción en directo dunha serie de manga ou anime, considerándoa unha gran mellora con respecto aos intentos anteriores de Netflix, como Death Note e Cowboy Bebop.[5][6] Dúas semanas despois da súa estrea, Netflix renovou a serie para unha segunda tempada, que está en desenvolvemento.[7][8]

A serie segue as aventuras dos Piratas do Sombreiro de Palla mentres exploran os perigosos océanos, terras e máis aló na procura do "One Piece", un tesouro lendario que converterá o seu capitán, Monkey D. Luffy, no "Rei dos Piratas". Porén, os infantes da Mariña andan atrás deles, e non son os únicos tripulantes que buscan o One Piece. Armados con habilidades únicas e unha amizade inquebrantable, os Sombreiros de Palla están preparados para a viaxe e loitar polos seus soños xuntos.[9][10]

  1. pipocas.amesa.gal (ed.). "One Piece". Consultado o 9 de novembro de 2023.
  2. Massoto, Erick (17 de xuño de 2023). "It's Time to Meet the Straw Hat Pirates in 'One Piece' Live-Action Trailer". Collider. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2023. Consultado o 17 de xuño de 2023.
  3. "'One Piece' review: Netflix brings new hope to live-action anime again". Lifestyle Asia Singapore. 2023-09-04. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-04.
  4. Edwards, Chris (2023-08-31). "'One Piece' first reviews praise Netflix series as faithful adaptation". NME. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-04.
  5. Shaw, Angel (2023-09-04). "All 14 Netflix Live-Action Anime Adaptations, Ranked Worst To Best (Including One Piece)". Screen Rant. Consultado o 2023-09-08.
  6. Aubrey, Dave (2023-09-05). "Netflix's One Piece Is The Best Anime Adaptation, But Still Disappointing". Men's Journal. Consultado o 2023-09-08.
  7. Friedman, Nicholas (2023-09-14). "Live-Action One Piece Season 2 Confirmed, Chopper Teased by Oda Himself". Crunchyroll. Consultado o 2023-09-08.
  8. Otterson, Joe (2023-09-14). "'One Piece' Renewed for Season 2 at Netflix". Variety (en inglés). Consultado o 2023-09-14.
  9. Del Rosario, Alexandra (2021-11-09). "'One Piece': Iñaki Godoy To Star As Monkey D. Luffy In Netflix Live-Action Series; Mackenyu, Emily Rudd, Jacob Romero Gibson & Taz Skylar Board Cast". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 9 de novembro de 2021. Consultado o 2022-02-14.
  10. Khiran, Kania (2023-06-18). "Sinopsis Live-Action One Piece TV Series Netflix". Pulsapedia.com (en indonesio). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]