Olegario Vázquez Raña
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Olegario Vázquez Raña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de decembro de 1935 |
Lugar de nacemento | Cidade de México |
Nacionalidade | México e España |
Ocupación | tirador e empresario |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Olegario Vázquez Raña, nado o 10 de decembro de 1935 é un empresario e deportista mexicano e galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tanto o seu pai como a súa nai naceran en Avión, e chegaran a México D.F. en 1928, sete anos antes de nacer Olegario. Comezou a traballar dende neno no negocio familiar, dedicado á venda de artigos para o fogar e para o campo. Herda co seu irmán Apolinar a xestión da empresa en 1976 e a partir de aí inicia a engalaxe económica que o converteu nun dos homes máis ricos de México.
Olegario Vázquez Raña é dono dun dos principais holdings empresariais dese país, o Grupo Empresarial Ángeles, que abrangue hospitais, hoteis, os medios de comunicación, grandes almacéns, restaurantes de comida rápida, aseguradoras e empresas de xestión de aeroportos, entre outros. A liña sanitaria coordina a xestión de vinte hospitais que funcionan cun sistema de mutua. Da liña de hoteis depende a empresa Camino Real, con 25 establecementos e máis de 4.000 habitacións.
Co Grupo Imagen, é propietario do xornal Excelsior, ten unha rede de radios e unha cadea de televisión, o Cadena 3, e a xestión dos aeroportos lévaa a través do Grupo Aeropuertuario del Pacífico, participado por empresas españolas como Aena ou Dragados.
Actividade deportiva[editar | editar a fonte]
A actividade deportiva foi unha constante na vida da familia Vázquez Raña. Practicante de tiro olímpico, Olegario Vázquez Raña participou nos Xogos de Toquio, México e Múnic formando parte do equipo olímpico mexicano. Ademais, participou representando a este país en todos os mundiais da especialidade dende 1966 ata 1979. Foi plusmarquista mexicano de varias especialidades e en dúas ocasións, 1973 e 1975, conseguiu o récord mundial de rifle de aire comprimido.
Posteriormente desenvolveu carreira na administración deportiva. Foi presidente da Federación Mexicana de Tiro entre 1975 e 1992, membro do Comité Olímpico Mexicano e dende 1980 é presidente da Federación Internacional de Tiro Deportivo.
Datos persoais[editar | editar a fonte]
Tivo cinco irmáns, dous dos cales morreron de cedo. Un deles é Mario Vázquez Raña, presidente do Comité Olímpico Mexicano. O seu fillo é Olegario Vázquez Aldir.