Oleg Bryjak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Oleg Bryjak
Nome completoOleg Bryjak
Олег Брижак
Nacemento27 de outubro de 1960
OrixeDzhezkazgan
Flag of the Kazakh Soviet Socialist Republic.svg RSS Casaquistán
Falecemento24 de marzo de 2015
 Prads-Haute-Bléone
OcupaciónCantante
XéneroÓpera
Instrumento(s)Voz
Tipo de vozBaixo-barítono
Na rede
www.olegbryjak.com
editar datos en Wikidata ]

Oleg Bryzhak (en ucraíno Олег Брижак), nado o 27 de outubro de 1960 e finado o 24 de marzo de 2015, foi un baixo-barítono operístico casaco-alemán.[1] Nado en Dzhezkazgan (República Socialista Soviética de Casaquistán) no seo dunha familia ucraína,[2] trasladouse a Alemaña en 1991[3] para traballar no Badisches Staatstheater Karlsruhe.[4] Dende 1996 ata a súa morte, foi solista na Deutsche Oper am Rhein de Düsseldorf.[5]

Bryzhak foi protodiácono nunha igrexa ortodoxa ucraína en Krefeld.[3]

Bryzhak morreu o 24 de marzo de 2015 xunto coa súa compañeira Maria Radner na catástrofe aérea do voo 9525 de Germanwings en Francia, durante o seu regreso a Düsseldorf logo de realizar varias representacións do Siegfried de Richard Wagner no Gran Teatre del Liceu de Barcelona.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bild.de (ed.). "Düsseldorfer Opernsänger unter den Opfern des Flugzeugabsturzes - Trauernde Angehörige erreichen den Flughafen in Barcelona" (en alemán). Berlín. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  2. BBC Ukrainian (ed.). "Посол України підтвердив загибель Олега Брижака у катастрофі Airbus A320" (en ucraíno). Consultado o 26 de marzo de 2015.  Andriy Melnyk, o embaixador de Ucraína en Alemaña, confirmou que Bryzhak era étnicamente ucraíno, mais non tiña a nacionalidade ucraína.
  3. 3,0 3,1 naviny.by (ed.). "В авикатастрофе на юге Франции погиб оперный певец Олег Брияк" (en bielorruso). Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  4. Administrator. olegbryjak.com, ed. "Oleg Bryjak - Биографи&#11" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2015. Consultado o 26 de marzo de 2015. 
  5. Deutsche Welle (ed.). "Оперный певец Олег Брыжак погиб в авиакатастрофе Germanwings" (en ruso). Consultado o 26 de marzo de 2014. 
  6. John Shammas (24 March 2015). Daily Mirror, ed. "Germanwings Airbus A320 plane crash: First pictures of opera singers Maria Radner and Oleg Bryjak among 150 dead". Londres. Consultado o 26 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]