Odontoforinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Odontophorinae»)
Odontoforinos
Odontophorinae

Rango fósil: oligoceno-actualidade
33,9 - 0 Ma [1]

Lámina de Odontophorus columbianus,
na obra de John Gould A monograph of the Odontophorinæ... etc.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Odontophoridae
Subfamilia: Odontophorinae
Gould, 1844
Xéneros
Véxase o texto

A dos odontoforinos (Odontophorinae) é unha subfamilia de aves da orde dos galiformes, unha das dúas en que se subdivide actualmente a familia dos odontofóridos, que agrupa a maioría das súas especies, coñecidas como paspallases do Novo Mundo.

Conta con 32 especies de pequeno tamaño e aspecto é hábitos semellantes aos dos paspallases, propias de América,[2] onde se distribúen desde os Estados Unidos até a Arxentina, e viven en bosques tropicais, subtropicais e temperados, así como en áreas de matogueiras, sabanas e terras de cultivo, desde o nivel do mar até os 3 300 m de altitude, e son coñecidas vulgarmente, na bibliografía internacional, como paspallases americanos ou paspallases do Novo Mundo (aínda que non están relacionados filoxeneticamnte cos paspallases do Vello Mundo (do xénero Coturnix).

As outras dúas especies integradas na fanilia, pertencentes ao xénero Ptilopachus, son de distribución africana e tradicionalmente foron situadas na familia dos fasiánidos, pero agora sábese, por análises xenéticas, que estás máis relacionados cos paspallases do Novo Mundo.[3][4]

Recentemente (2013) este xénero foi reclasificado por Bowie et al. dentro da familia dos odontofóridos, creando para el unha nova subfamilia, a dos ptilopaquinos (Ptilopachinae), diferenciada da dos odontoforinos.[5]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1844 polo naturalista e ornitólogo e inglés John Gould.[6]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Odontophorinae, está formado pola unión dos elementos do latín científico Odontophor- e -inae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Odonthophorus, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das subfamilias de animais.

Para a etimoloxía de Odontophorus, véxase Odontophorus.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subfamilia subdivídese nos xéneros que se indican:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Family Odontophoridae Gould 1844 en Fossilworks.
  2. New World Quails Odontophoridae en Bird Families of the World.
  3. Crowe, T. M.; Bowie, R. C. K.; Bloomer, P.; Mandiwana, T. G.; Hedderson, T. A. J.; Randi, E.; Pereira, S. & Wakeling, J. (2006): "Phylogenetics, biogeography and classification of, and character evolution in, gamebirds (Aves: Galliformes): Effects of character exclusion, data partitioning and missing data". Cladistics 22: 495-532.
  4. Crowe, T. (2010): "Phylogenetic affinities of enigmatic African galliforms: the Stone Partridge Ptilopachus petrosus and Latham's and Nahan's 'Francolins' Francolinus lathami and F. nahani. Cladistics 26: 206-206.
  5. Bowie, Rauri C. K., Callan Cohen & Timothy M. Crowe (2013): "Ptilopachinae: a new subfamily of the Odontophoridae (Aves: Galliformes)". Zootaxa 3670 (1): 97-98.
  6. Gould, John (1804-1881): "A Monograph of the Odontophorinae, or Partridges of America" con 10 fine pattern plates for "Icones Avium" Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]