Odontophorus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Odontophorus

Lámina de Odontophorus columbianus,
na obra de John Gould A monograph of the Odontophorinæ... etc.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Infraclase: Neognathae
Superorde: Galloanserae
Orde: Galliformes
Familia: Odontophoridae
Subfamilia: Odontophorinae
Xénero: Odontophorus
Vieillot, 1816
Especies
Véxase o texto

Odontoforus é un xénero de aves da orde dos galiformes, que é o tipo da familia dos odontofóridos e da subfamilia dos odontoforinos (os paspallases do Novo Mundo), do que se coñecen 15 especies.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero viven en bosques das Américas. O núcleo principal da súa área de distribución está nas terras baixas dos contrafortes dos Andes, no norte de Colombia e nas cordilleiras de América Central. Porén, algunhas especies encóntranse nalgúns lugares da Suramérica tropical e subtropical.[1]

Caracterísiticas[editar | editar a fonte]

Son aves con corpo que recorda ao das perdicess, de 22 a 30 cm de lonxitude, coa cola curta e o bico groso, e presentan unha crita de plumas mestas. A plumaxe nas partes superiores é de cor marrón escura, e as inferiores de cor negra, gris, parda ou avermellada. Algunhas especies teñen rechamantes marcas distintivas na garganta, ou na face, en branco e negro. Ambos os sexos son similares, pero nalgunhas especies a femia ten a crista de cor máis apagada e, noutras, as partes inferiores son máis avermelladas ou grises que no macho.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Odontophorus erythrops.

Costumes[editar | editar a fonte]

Son especies tímidas e cautelosas e, polo tanto, están entre as galiformes máis difíciles de estudar, ou mesmo de observar. A mellor oportunidade para velas é ao amencer ou ao atardecer, cando se alimentan nos bordos das estradas ou das pistas forestais en grupos familiares de até 12 aves. Porén, cando se senten protexidas, poden volverse sorprendentemente dóciles, como se demostrou na Paz de las Aves, cerca de Mindo, Ecuador, coa especie Odontophorus melanonotus.[2]

As súas chamadas son duetos ruidosos e distintivos que consisten en frases repetidas que, a miúdo, son a única indicación de que existen estas aves na zona. Para a maioría das especies, a información dispoñíbel provén principalmente duns poucos espécimes, e os seus hábitos, incluso os de reprodución, son pouco coñecidos.

Aquelas especies para as que se coñecen os hábitos de alimentación, aliméntanse no solo, rañándoo en busca de sementes, froitos caídos e insectos.

Cando son molestadas polo xeral escapan a pé, pero de setirse moi ameazadas, levántanse nun voo curto e rápido cara a unha cobertura vexetal densa.

Ameazas[editar | editar a fonte]

Todas as especies víronse afectadas negativamente pola caza e, en particular, pola deforestación dos seus hábitats. Por iso varias especies con áreas de dispersión restinxidas considéranse ameazadas de extinción.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Odontophorus melanonotus.
Odontophorus leucolaemus.
Odontophorus stellatus.

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1816 polo ornitólogo e francés Louis Jean Pierre Vieillot,[3] na páxina 51 da súa obra Analyse D'Une Nouvelle Ornithologie Élémentaire.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Odontophorus está formado polos elementos do latín científico Odonto- e -phorus.

O primeiro está tirado da raíz do xenitivo do substantivo do grego antigo ὀδών ὀδόντος odṓn odóntos 'dente'; e o segundo, do verbo φέρω phérō, 'levar'.[5]

Especies[editar | editar a fonte]

Na actalidade recoñécense no xénero as seguintes 15 especies:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Johnsgard, Paul A. (1979): "The American Wood Quails Odontophorus" World Pheasant Association Journal 4: 93–99.
  2. Ridgely, R. S.; Greenfield, P. J. & Guerrero, M. (1998): An annotated list of the birds of mainland Ecuador. Quito: Fundación Ornitológica del Ecuador, CECIA.
  3. 3,0 3,1 Odontophorus Vieillot, 1816 no ITIS.
  4. Wikispecies.
  5. Odontophorus no Merriam-Webster Unhabriger Dicitionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Elliot, A. & Sargatal, J. (1994): "New World Vultures to Guineafowl". En Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]