Ocreatus underwoodii
Ocreatus underwoodii | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Ocreatus underwoodii (Lesson, 1832) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Ornismya underwoodii |
Ocreatus underwoodii é unha especie de ave da familia Trochilidae, que se atopa en Bolivia, Colombia, Ecuador, o Perú e Venezuela.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive no bosque húmido montañoso dos Andes e nos claros adxacentes, incluíndo áreas agrícolas e xardíns, entre os 900 e 2.200 m de altitude.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]De media mide 12,7 cm de lonxitude, que inclúen 7,6 cm da cola, e pesa 3 g. O peteiro ten 13 mm de longo.[3] Presenta dimorfismo sexual. A plumaxe en xeral é de cor verde metálica brillante, pero na gorxa é máis iridiscente. A cola do macho é espectacular, con dúas plumas externas moi longas, curvadas e terminadas en raquetas de cor azul verdoso. Presenta zamarros brancos ou ocráceos. A femia ten as partes superiores cor verde metálico e as inferiores principalmente brancas, con denso punteado verde nos flancos e cunha estría malar verde. Os zamarros son máis pequenos, brancos ou cremosos. A cola é curta mais prominente, con puntas brancas nas plumas externas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ocreatus underwoodii". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Arzuza, Duana (2001) Ocreatus underwoodii; J.F. Freile e E. Bonaccorso (ed). Aves de Ecuador. Quito: Museo de Zoología, Pontificia Universidad Católica del Ecuador. Consultado o 4 de novembro de 2011.
- ↑ Hilty, Steven L. (2003) Birds of Venezuela: 429, Pl.31. Princeton University Press.