O fillo (filme de 2022)
O fillo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Son |
Director | Florian Zeller |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Le Fils de Florian Zeller |
Intérpretes |
|
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Ben Smithard |
Montaxe | Yorgos Lamprinos |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Venecia: 7 de setembro de 2022 |
Duración | 123 minutos |
Orixe | Estados Unidos Francia Reino Unido |
Xénero | Drama |
Recadación | 3,6 millóns de dólares |
Na rede | |
O fillo[3] (en inglés: The Son) é un filme británico-franco-estadounidense de 2022 dirixido por Florian Zeller a partir dun guión escrito por el e Christopher Hampton. Baséase na obra teatral homónima de Zeller de 2018. Está protagonizado por Hugh Jackman, Laura Dern, Vanessa Kirby, Zen McGrath e Hugh Quarshie. Anthony Hopkins ten unha pequena aparición neste filme, interpretando o personaxe do pai do protagonista (porén é diferente do pai do anterior filme de Zeller, The Father).
O fillo estreouse a través de Amazon Prime Video o 14 de xuño de 2023, onde conta con dobraxe e subtitulado en galego. A dobraxe foi dirixida por Julio Lorenzo.[4]
Personaxes[editar | editar a fonte]
- Hugh Jackman como Peter Miller
- Laura Dern como Kate Miller
- Vanessa Kirby como Beth
- Zen McGrath como Nicholas Miller
- George Cobell como Nicholas Miller de mozo
- Hugh Quarshie como Dr. Harris
- Anthony Hopkins como Anthony Miller
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The Son (2022)". British Board of Film Classification. Consultado o 9 de marzo de 2023.
- ↑ Goodfellow, Melanie (7 de febreiro de 2023). "Black Bear Hires Luane Gauer As SVP International Production & Acquisitions". Deadline Hollywood. Consultado o 26 de xuño de 2023.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "O fillo". Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Dobraxe do filme O fillo en galego na TVG". Consultado o 13 de novembro de 2023.