O código Da Vinci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O código Da Vinci
Título orixinalThe Da Vinci Code
Autor/aDan Brown
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LinguaInglés
ColecciónRobert Langdon
Xénero(s)conspiracy fiction, esoteric novel, Ficción detectivesca, Ficção policial e suspense
EditorialDoubleday (US)
Transworld & Bantam Books (RU)
Data de pub.abril de 2003
Páxinas454 (USA tapas duras)
489 (USA tapas brandas)
ISBNISBN 0-385-50420-9
Precedido porAngels & Demons
Seguido porO símbolo perdido
Primeira edición galega
TraduciónCarlos Acevedo, Fernando Moreiras e Eva Almazán
Editorialeditorial Empuries
Data de pub.2004
ISBNISBN
editar datos en Wikidata ]

O código Da Vinci (título orixinal en inglés: The Da Vinci Code), é unha novela do escritor norteamericano Dan Brown, publicada por Doubleday en 2003. Converteuse nun éxito de vendas internacional, vendéronse entre 18 e 25 millóns de exemplares ata abril de 2005, e traduciuse a 44 linguas. A obra combina o xénero detectivesco coa teoría da conspiración, a novela deu pulo a certas teorías sobre o Santo Graal e o papel de María Magdalena na historia do cristianismo.

Foi traducida ao galego por Carlos Acevedo, Fernando Moreiras e Eva Almazán e publicada pola editorial El Aleph para a editorial Empuries en 2004, que posúe os dereitos de copia para tódalas linguas estatais menos o castelán.

Sinopse[editar | editar a fonte]

A novela relata a procura que realizan un profesor de simboloxía, Robert Langdon e unha criptóloga, Sophie Neveu para atopar un segredo que se mantivo oculto dende hai moito por unha antiga irmandade, o Priorado de Sión.

Filme[editar | editar a fonte]

Artigo principal: The Da Vinci Code.

Columbia Pictures adaptou a novela ó cinema, cun guión escrito por Akiva Goldsman, e dirixido por Ron Howard. O filme estreouse o 19 de maio do 2006,[1] e protagonizárono Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]