Saltar ao contido

Priorado de Sión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Priorado de Sión

Tipoorganización ficticia e fictional secret society (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaasociación segundo a lei francesa de 1901 Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Creador/aPierre Plantard Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación7 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
SedeAnnemasse Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Priorado de Sión (en francés: Prieuré de Sion), é o nome dado a unha organización fraternal, fundada e disolta en Francia en 1956 por Pierre Plantard como parte dun engano. Na década de 1960, Plantard creou unha historia ficticia para a organización, describíndoa como unha sociedade secreta fundada por Godofredo de Bouillon no Monte Sión do Reino de Xerusalén en 1099, confundíndoa cunha orde monástica verdadeira e histórica, a Abadía da Nosa Señora do Monte Sión. Na versión de Plantard, o priorado dedicouse a instalar unha liña de sangue da dinastía Merovinxia nos tronos de Francia e dos resto de Europa.[1] Este mito foi expandido e popularizado polo libro pseudohistórico [2] The Holy Blood and the Holy Grail de 1982[3] que máis tarde sería representado como feito no prefacio da novela de 2003 O código Da Vinci.[4]

O emblema oficial do Priorado de Sión está parcialmente baseado na flor de lis, que foi un símbolo da monarquía francesa.[3]
  1. moreorless - www.moreorless.net. Cesnur.org, ed. "CESNUR". Consultado o 20 de novembro de 2012. 
  2. Chapter 21 by Cory James Rushton, "Twenty-First-Century Templar", page 236, in Gail Ashton (editor), Medieval Afterlives in Contemporary Culture (Bloomsbury Academic, 2015. ISBN 978-1-4411-2960-4).
  3. 3,0 3,1 Henry Lincoln, Michael Baigent, Richard Leigh, The Holy Blood and the Holy Grail, Corgi, 1982. ISBN 0-552-12138-X.
  4. Dan Brown, The Da Vinci Code, Doubleday, 2003. ISBN 0-385-50420-9.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]