O bico (orixinal en alemán: Der Kuss) é unha obra do pintor austríacoGustav Klimt e probablemente a súa obra máis coñecida. É un óleo sobre lenzo de 180 x 180 centímetros, realizado entre 1907-08.
Na bibliografía recente interpretouse este lenzo, dende a óptica da iconografía, como unha representación simbólica do intre no que Apolo bica á ninfa Dafne que se está convertendo en loureiro, de acordo co relato da metamorfose de Dafne que se atopa na obra de Ovidio[1]. Esta obra complétase coa do friso de Klimt no comedor do palacio Stoclet de Bruxelas, no que a metamorfose da parella se consuma e nace un novo loureiro. Esta perspectiva, apoiada na literatura, dá un sentido a esta obra de Klimt nun contexto iconográfico, non só metafórico, da historia da arte.
O devandito cadro tivo grande influencia no vídeo da abertura do anime Elfen Lied. Existe, así mesmo, unha canción, "O bico de Klimt", inspirada neste cadro, e obra da artista madrileña Virjinia Glück.
Vives Chillida, Julio, El beso (los enamorados) de Gustav Klimt. Un ensayo de iconografía; Editorial Lulu.com, xuño de 2008, ISBN 978-1-4092-053. Este ensaio pode visualizarse na súa totalidade en lulu.com.
Ovidio (2015 (reimpr. 2017)). Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial. ISBN9788420697208.(en castelán)