Saltar ao contido

Elfen Lied

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elfen Lied
 Título
エルフェンリート Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Autoría
 Autor/a
 Ilustrador/a
Temática
 Tema principal
 Obra derivada
Publicación
 País de orixe
 Editorial
 Público obxectivo
Datas e cronoloxía
 Data de comezo
6 de xuño de 2002 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
25 de agosto de 2005 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Número de partes
12 vols. Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Elfen Lied (エルフェンリート Erufen Rīto?) é unha serie manga xaponesa escrita e ilustrada por Lynn Okamoto e a súa adaptación ó anime dirixida por Mamoru Kanbe. Foi serializada orixinalmente pola revista Weekly Young Jump dende xuño de 2002 ata agosto de 2005, cun total de 107 capítulos recollidos en 12 volumes (tankōbon). Elfen Lied trata das interaccións, emocións e diferenzas entre os seres humanos e os Diclonii, unha especie mutante semellante á humana caracterizada por dous cornos na cabeza e os "vectores", brazos transparentes controlados telecineticamente[1], cos cales poden manipular e cortar obxectos. A historia céntrase na Diclonius adolescente "Lucy", que foi rexeitada polos seres humanos e busca vingarse deles.

A aceptación obtida propiciou a adaptación ó anime, que comezou a ser emitido o 25 de xullo de 2004, cando o manga aínda estaba sen rematar; por iso, o argumento de ambos formatos difire a partir do volume 7 do manga e o episodio 12 da serie, o cal chega ata o que había publicado daquela. É por iso que o anime ten un final completamente diferente ó que se escribiría para o manga un ano despois do remate do anime. O 21 de abril de 2005 lanzouse unha OVA que engadía algo máis de información ó contexto pero sen avanzar no argumento posterior ó derradeiro episodio, que deixaba a supervivencia da protagonista a interpretación do espectador.

Elfen Lied está dirixido a un público adulto dada a cantidade de escenas con nudez e violencia física e psicolóxica que presenta, sendo principalmente categorizado nos xéneros de seinen, terror e drama. O nome Elfen Lied, pronunciado [ˈɛlfən liːt], é alemán e significa «Canción élfica». A súa orixe é o lied Elfenlied do compositor austríaco Hugo Wolf, baseado no poema homónimo do escritor alemán Eduard Mörike.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para telecinesia.