O Sobreiro, Xustáns, Ponte Caldelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O Sobreiro
Xustáns.jpg
Igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns.
ParroquiaXustáns
ConcelloPonte Caldelas
Poboación116 hab. (2017)

O Sobreiro é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Ten 112 habitantes (53 homes e 59 mulleres).

Chégase a través da PO-206 que comunica A Reigosa con Taboadelo e Ponte Sampaio.

Economía[editar | editar a fonte]

A maior parte da poboación dedícase ó sector primario, pero tamén hai xente empregada no próximo polígono industrial do Campiño. Tamén atopamos algunha pequena empresa.

Servizos[editar | editar a fonte]

Debido a ser o núcleo capital de Xustáns, O Sobreiro conta cunha escola pública de educación infantil, unha igrexa, cemiterio e un pequeno parque.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

No corazón da vila atópase a igrexa parroquial de San Martiño de Xustáns, do século XVIII. Ao lado dela, a antiga casa reitoral, hoxe convertida en escola unitaria.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Xustáns[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Xustáns no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro

Parroquias de Ponte Caldelas[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ponte Caldelas

Anceu (Santo André) | Caritel (Santa María) | Castro Barbudo (Santa María) | Forzáns (San Fiz) | A Insua (Santa Mariña) | Ponte Caldelas (Santa Eulalia) | Taboadelo (Santiago) | Tourón (Santa María) | Xustáns (San Martiño)