Cotas, Xustáns, Ponte Caldelas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Cotas | |
|---|---|
| Parroquia | Xustáns |
| Concello | Ponte Caldelas |
| Coordenadas | 42°23′46″N 8°33′36″O / 42.396184, -8.559905 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Cotas é un lugar da parroquia de Xustáns, no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Na actualidade está deshabitado.
Atópase a pouco máis de quilómetro e medio do lugar de Baltar.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi posiblemente fundada a raíz do repoboamento de Galicia na Idade Media. Co nome de Cotiñas ou Castaños, medrou como a típica aldea. Pero co tempo a zona converteuse nun lugar moi propenso a roubos, polo que cara 1790, produciuse un despoboamento que rematou en 1857, coa saída da aldea de Ángela Parrado, que provocou que o núcleo quedase despoboado. A maioría dos habitantes de Cotiñas que marcharon fundaron o núcleo de Baltar, e outros marcharon a núcleos do resto da parroquia.
Poboación
[editar | editar a fonte]Pouco antes de 1790, a poboación de Castaños superaba os 200 habitantes, polo que debía de ser o primeiro ou o segundo núcleo máis poboado da parroquia. Suponse que había máis de 100 homes, xa que no primeiro censo de Baltar aparecen 113 homes adultos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xustáns
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Xustáns no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Aluncía | Baltar | O Chan do Casal | Cotas | O Sobreiro |