O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes
Mesón do Vento | |
---|---|
Vista do lugar | |
Parroquia | Ardemil |
Concello | Ordes |
Coordenadas | 43°09′02″N 8°23′06″O / 43.150555555556, -8.385 |
Poboación | 298 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Mesón do Vento é unha vila da parroquia de Ardemil no concello coruñés de Ordes. Segundo o IGE[2] en 2018 tiña 298 habitantes (145 homes e 153 mulleres).
Situación
[editar | editar a fonte]A vila está situada a carón da estrada N-550 entre A Coruña e Santiago de Compostela, e nos empalmes desta coa AC-523 (cara a Cerceda) e a AC-542 (cara a Betanzos).
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]Suxeriuse que o topónimo fai referencia a un lugar onde bate o vento.[3] Con todo, existe outra hipótese, non contrastada, que o explica como deturpación do antropónimo Bento, suposto dono do antigo mesón que daría nome ao lugar. A esta etimoloxía popular remítese o nome do equipo local Mesón do Bento Club de Fútbol.[Cómpre referencia] Canto ao primeiro elemento do topónimo, Cabeza Quiles receou da súa relación cunha casa de comidas ou pousada e vinculouno cun orónimo que fai referencia a un lugar chan e elevado. Isto cadra co perfil topográfico deste e dalgúns outros lugares galegos chamados Mesón[4].
Festas
[editar | editar a fonte]Desde 1999 celébrase en febreiro na vila a festa do lacón con grelos do Mesón do Vento, arredor do lacón con grelos.[5]
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ardemil
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ardemil no concello de Ordes (A Coruña) | |
---|---|
Achán | Adina | Axáns | A Barcula | Cabeza de Lobo | O Canedo | A Carballeira | A Carreira | Os Carrucheiros | O Castro | A Filgueira | A Fraga | Froxil | A Hedra | As Mámoas | O Mesón do Vento | Morgade | Moscoso | Orellán | O Pazo | A Piolla | Porta do Nó | O Porto | As Raposeiras | A Reboira | A Salgueira | O Seixo | Xenarde |
Parroquias de Ordes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Capela de Santo André do Mesón do Vento na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia – Ordes - Ardemil" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2018.
- ↑ "Mesón do Bento? | CEIP Mesón do Vento". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-10-29.
- ↑ "Esta fin de semana terá lugar no Mesón do Vento a XXI Festa do Lacón con Grelos". Concello de Ordes. 20 de febreiro de 2019.