Conversa:O Mesón do Vento, Ardemil, Ordes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Igrexa do Mesón do Bento[editar a fonte]

Teño dúbidas sobre do nome correcto da igrexa. Dende logo non é unha capela (ou non a chamamos como tal) senón igrexa. É de recente construción e na diocese cítana como tal, inda que si dependa da súa igrexa parroquial, a de San Pedro de Ardemil. Sobre dos santo, non teño constancia de que sexa o Santo André: na construción non está marcado. A info de patrimoniogalego creo que non está ben. Pode alguén engadir outra bibliografía que o aclare? Mgl.branco (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 15:59 (UTC)[responder]

Respecto á advocación a Santo André, cítase tamén neste artigo. Respecto a se é igrexa ou capela, o costume é referirse a igrexa cando é templo parroquial, e capela/ermida cando é un templo que non é cabeza de parroquia (por exemplo, a Capela da Virxe Peregrina de Pontevedra), pero se houbese outra bibliografía ao respecto, habería que mudalo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de decembro de 2020 ás 16:30 (UTC)[responder]
Mgl.branco, se non me engano, no mapa topográfico nacional (Ficheiro:MTN25-0070c1-2010-O_Meson_do_Vento.jpg) chámanlle capela de S. Antonio. One2 (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 16:35 (UTC)[responder]
Sorpréndeme como a marcou o IGE. Revisando por outros lados, efectivamente, véxoa citada como "Igrexa de San Andrés do Mesón do Vento". Está no actual PXOM (creo que normas provisionais en curso a finais, vd. tamén Código 0165/2007, Exp. 2010AAE0119). En ambos cítana como "Igrexa de San Andrés". Fóra diso, esta igrexa é de recente construción (inicio/mediados do s XX?) é actúa ao completo como tal (ten o seu horario de separado da parroquial, parte da parroquia vai só a esa, ten cemiterio propio etc). Se encontrades máis información, xenial!. Arestora vexo axeitado o de igrexa, mais vou seguir investigándoo! Mgl.branco (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 19:31 (UTC)[responder]