O 3 de maio en Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O 3 de maio en Madrid
El Tres de Mayo, by Francisco de Goya, from Prado thin black margin.jpg
Artista Francisco de Goya
Data 1813 - 1814
Técnica óleo sobre lenzo
Dimensións 268 cm × 347 cm
Localización Museo do Prado (Madrid)

O 3 de maio en Madrid (tamén coñecido como Os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío[1][2] ou Os fusilamentos do tres de maio[3]) é un cadro do pintor aragonés Francisco de Goya rematado en 1814 que se conserva no Museo do Prado (Madrid, España). A intención de Goya ó elaboralo era plasmar a loita do pobo español contra a dominación francesa no marco do Levantamento do dous de maio, ó comezo da Guerra da Independencia Española. A súa parella é O dous de maio de 1808 en Madrid —tamén chamado A carga dos mamelucos—. Ámbolos dous cadros son da mesma época e corrente artística. A súa técnica e cromatismos, propios do Goya maduro. Goya suxeriu o encargo destes cadros de gran formato á rexencia liberal de Luis María de Borbón y Vallabriga, antes da chegada do rei Fernando VII. Tense dito que adornaron un arco do triunfo adicado ó rei na Porta de Alcalá, pero as últimas investigacións desmentírono.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA., páx. 141.
  2. O título oficial co que é exhibido é Os fusilamentos do 3 de maio de 1808 na Montaña do Príncipe Pío, Madrid. Véxase Príncipe Pío para a localización xeográfica da escena.
  3. Ó respecto o Museo do Prado nomea ó lenzo, no seu sitio web, como O 3 de maio de 1808 en Madrid: os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío
  4. Boletín do Museo do Prado, 2009