Antonio de Trueba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio de Trueba
Antonio Trueba.jpg
Nome completoAntonio de Trueba y de La Quintana
Nacemento24 de decembro de 1819
 Galdames
Falecemento10 de marzo de 1889
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónautor, escritor, poeta e arquiveiro
editar datos en Wikidata ]
Monumento a Trueba, Bilbao, por Mariano Benlliure

Antonio María de Trueba y de la Quintana, coñecido tamén como Antón el de los Cantares, nado en Montellano, aldea do concello de Galdames (Biscaia) o 24 de decembro de 1819 e finado en Bilbao o 10 de marzo de 1889, foi un escritor vasco en lingua castelá.

Literatura[editar | editar a fonte]

A produción de Trueba é ampla, e abrangue desde a lírica: Libro de los cantares (1852), ata a novela histórica: Paloma y halcones (1865) e a novela costumista (El gabán y la chaqueta (1872), mais destacaría sobre todo na narrativa curta cando reflicte a vida rural de Castela e o País Vasco da época, escenarios habituais das súas historias. Destacan lendas como La azotaina, tradición del siglo XVI, ou La novia de piedra na que a crueldade de Marichu causa a morte do seu amado. Cóidase que a súa mellor colección de narracións é Cuentos populares (1853). Reflectiu tradicións e costumes rurais que, a consecuencia do impacto da crecente Revolución Industrial, estaban a desaparecer dunha España ata aquela altura fundamentalmente agraria. Reivindicou tamén a cosmovisión e os valores asociados a esa forma de vida patriarcal. Para isto inspirouse na literatura colectiva popular, que consideraba dotada duns valores estéticos superiores, fundados na autoridade do pobo para determinar o que é arte e o que non o é, como declarara no prólogo da súa colección poética Libro de los cantares (1852). A súa literatura asóciase, entón, á de Ventura Ruiz Aguilera (1820-1881), José Selgas (1822-1882), Vicente Barrantes, José María de Pereda, Fernán Caballero, Armando Palacio Valdés e, desde unha óptica máis progresista, Emilia Pardo Bazán.

El Libro de los cantares aparece citado no prólogo de Cantares gallegos (1863) de Rosalía de Castro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Obras. Madrid: A. Romero. 1905-1914 (10 vols.). (Comprende: I. El libro de los cantares. Canciones primaverales, 1907; II. El libro de las montañas. Arte de hacer versos... 1909: III. El libro de los recuerdos. Fábulas de la educación, 1910; IV. Cuentos de Color de Rosa, 1914; V. Cuentos campesinos; VI. Cuentos populares; VII. Cuentos de vivos y muertos, 1909; VIII. Cuentos del hogar, 1905; IX. Cuentos populares de Vizcaya, 1905) X. Cuentos populares de Vizcaya.
  • Cuentos y cantares. Selección e estudo previo del P. Alfonso M. Escudero. Madrid: Aguilar, 1959 (502 pp.).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • El libro de los cantares (1852).

Narrativa extensa[editar | editar a fonte]

  • La paloma y los halcones, (1865), novela histórica.
  • El gabán y la chaqueta (1872), novela costumista.

Narrativa curta[editar | editar a fonte]

  • Cuentos populares (1853)
  • Cuentos de varios colores (1866)
  • Narraciones populares. Madrid: A. Jubera, 1874.
  • Cuentos populares vizcaínos, Barakaldo, Ediciones de Librería San Antonio, 2000.
  • Cuentos de color de rosa (1859)
  • Cuentos campesinos (1860)
  • Capítulos de un libro, sentidos y pensados viajando por las Provincias Vascongadas (1864)
  • Cuentos de varios colores (1866),
  • El molinerillo (1871)
  • Cuentos de vivos y muertos. Madrid: A. Romero, 1909.
  • Cuentos de madres e hijos. Barcelona: A. Bastinos, 1878.
  • El cura de Paracuellos y otras narraciones populares. Escollidas e anotadas por Theodor Heinermann... coa colaboración de Amado Alonso. Frankfurt am Main, 1924
  • Cuentos escogidos. Selección. Debuxos de Enrique Castillo. Madrid: A. Fontana, 1927

Outras obras[editar | editar a fonte]

  • Resumen descriptivo e histórico del M. N. y M. L. Señorío de Vizcaya (1872).
  • Exposición dirigida a las Cortes de la Nación por las Diputaciones de las Provincias Vascongadas en 16 de junio de 1876. Madrid: Infante, 1876
  • Bosquejo de la organización social de Vizcaya (1870).
  • Historia de dos almas, una negra y otra blanca. Madrid: A. de Carlos, 1876
  • Curiosidades histórico-literarias de Vizcaya. Bilbao, 1878
  • Arte de hacer versos al alcance de todo el que sepa leer. Barcelona: J. A. Bastinos, 1881
  • De flor en flor. Bilbao: Delmas, 1882
  • El libro de los recuerdos. Madrid (1898?)
  • Cielo con nubecillas, recuerdos de la vida rural y familiar de Vizcaya
  • Las hijas del Cid (1859).
  • El libro al las montañas (1867).
  • La familia cristiana (1871-1872).
  • Defensa de un muerto atacado (los Fueros) por el Exmo. Sr. D. Manuel Sánchez Silva (1865).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • José Antonio Ereño Altuna, Antonio de Trueba : literatura, historia, política, Bilbao, 1998.
  • Amores, Montserrat, "Luchando contra la novela: los novelistas antinovelistas del siglo XIX", España Contemporánea, XVI.1 (2003), pp. 77-98.
  • Ereño Altuna, José Antonio, "A propósito de dos textos desconocidos de Antonio de Trueba", Letras de Deusto, nº 97, vol. 32 (2002), pp. 27-62.
  • Etxebarria Mirones, Txomin, Vocabulario de las Encartaciones, Cantabria, Las Merindades, Asturias, Palencia y León en las obras de José María de Pereda y Antonio de Trueba, Basauri, 2004.