Oahu
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
(haw) O‘ahu | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago de Hawai | ||||
Situado na entidade xeográfica | Océano Pacífico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | condado de Honolulu, Estados Unidos de América | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 122.010 cm | ||||
Dimensións | 42 () × 64 () km | ||||
Perímetro | 336 km | ||||
Punto máis alto | Kaʻala (en) (1.227 m ) | ||||
Superficie | 1.545 km² | ||||
Oahu[1] (en hawaiano: Oʻahu, [oˈʔɐhu] (AFI)) é a illa máis poboada de Hawai. A cidade máis grande é Honolulú, a capital do estado. Toda a illa está baixo a administración da Cidade e Condado de Honolulú, aínda que a cidade en si só ocupa unha parte ao sueste da illa. Outros lugares de Oahu con renome internacional son: Waikiki, Pearl Harbor e Diamond Head.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Oahu está formada por dous volcáns, Wai´anae e Ko´olau, cun amplo val entre eles. A altitude máxima dáse no Mount Ka´á de Wai´anae con 1.225 m sobre o nivel do mar. cunha superficie total de 1.545,3 km²; é a terceira illa máis grande do Arquipélago de Hawai. Oahu está rodeada por formacións coralinas.[1]
No censo de 2000 a poboación total era de 876.156 habitantes, un 75% aproximadamente do total do estado. A Cidade e Condado de Honolulú administra, ademais do municipio, toda a illa de Oahu e as Illas de Sotavento, excepto o atol Midway.
Historia
[editar | editar a fonte]Oahu foi a primeira das illas Hawai que atopou o inglés James Cook o 18 de xaneiro de 1778, durante a súa terceira viaxe ao Pacífico. Dirixíase desde as illas da Sociedade cara ao norte por unha ruta supostamente similar á que seguiran as antigas migracións polinesias. Logo de explorar todo o Pacífico Sur quedou sorprendido de atopar unhas illas altas no medio do Pacífico Norte, coa mesma cultura que se estendía ata Nova Zelandia e a illa de Pascua.
O rei Kamehameha III trasladou o seu capital de Maui a Oahu en 1845. Palacio 'Iolani é unha mostra da presenza da monarquía.
Hoxe en día, Oahu é un destino turístico internacional con máis de cinco millóns de visitantes cada ano, principalmente dos Estados Unidos continentais e do Xapón. Multitude de películas e series de televisión filmáronse na illa, por exemplo Magnum, Hawaii Five-O ou Lost.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Honolulu, é a capital do estado. Alberga o Bishop Museum, o máis importante de cultura polinesia; o Honolulu Academy of Arts, un museo de arte cunha importante colección de arte asiática; Lyon Arboretum, un xardín botánico tropical.
- Waikiki é o gran centro turístico de Hawai, situado na costa sur de Oahu, que concentra o 90% dos hoteis. A praia de Waikiki, unha das máis famosas do mundo, ofrece sol, praia e surf. No século XIX xa era un lugar de descanso da familia real hawaiana. O nome hawaiano Waik significa 'auga drenada' xa que antes estaba rodeada de zonas húmidas.
- Pearl Harbor é unha baía situada ao oeste de Honolulú. A maior parte do porto e os arredores da baía son unha base naval norteamericana, o cuartel xeral da frota do Pacífico. Foi o ataque a Pearl Harbor, o 7 de decembro de 1941, o que provocou a entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial. Os restos do USS Arizona e o USS Missouri son monumentos conmemorativos da guerra.
- Diamond Head (en hawaiano Lē'ahi) é un cono volcánico, situado ao leste de Waikiki, que mostra unha vista panorámica que se converteu nun símbolo turístico. O nome déronllo navegantes ingleses do século XIX que confundiron os cristais de calcita incrustados na roca con diamantes. Está declarado como State Monument.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1493. ISBN 9788482893600.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oahu |