Nymphalis polychloros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nymphalis polychloros

Reverso en repouso e anverso en voo.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Nymphalinae
Xénero: 'Nymphalis'
Especie: ''N. polychloros''
Nome binomial
'Nymphalis polychloros'
(Linnaeus, 1758)
Sinonimia

Véxase o texto

Eiruga.

A Nymphalis polychloros é unha das 128 especies que compoñen o xénero Nymphalis, incluído na familia Nymphalidae. É de tamaño mediano, alaranxada con manchas negras, e foi descrita por Carl von Linné en 1758.[1]

O seu epíteto xenérico fai referencia ás ninfas -doncelas dos campos, grutas e fontes- da mitoloxía grega; [2] e a específica son as numerosas manchas ou manchas verdeazuladas que ten nas marxes das ás.

A Aglais urticae é unha especie parecida coa que se pode confundir.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son bolboretas medianas, machos de 4,5 a 5,5 cm de envergadura, as femias medio centímetro máis. O anverso ou cara superior das ás son dun ton laranxa con manchas negras. O reverso é de cor marrón escura cunha franxa distal máis clara. Os bordos das ás son irregulares.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Foi descrita por Carl von Linné en 1758 como Papilio polychloros. En 1781 Eugenius Johann Christoph Esper na súa obra Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur denominouna Papilio testudo.[3] Outros sinónimos foron P. pyrrhomelaena Hübner, 1824, Vanessa pyromelas Freyer, 1834, Vanessa dixeyi Standfuss, 1895 V. polychloros fervida Standfuss, 1896, Vanessa polychloros lucida Fruhstorfer, 1907 e Vanessa polychloros dilucidus Fruhstorfer, 1907.[4]

Ciclo biolóxico[editar | editar a fonte]

É unha especie univoltina cuxos adultos eclosionan ao principio do verán para, seguidamente, aparearse. O resto do verán e o outono aliméntanse e acumulan reservas para desenvolver os ovos e soportar o inverno. Durante os fríos invernais mantéñense ocultas en lugares escuros ou resgardados como buratos de troncos, gretas de edificios, adegas, etc. A principios de primavera as femias comezan a voar en busca das súas plantas nutricias, onde depositan un ou dous grandes grupos en canto a planta pode ofrecer alimento. As eirugas eclosionan dúas semanas máis tarde e mantéñense xuntas protexidas por un niño sedoso. Ao chegar á penúltima muda, as eirugas deixan o niño, vivindo soas até a metamorfose. Aliméntanse de gran cantidade de plantas, sobre todo de olmos e salgueiros, pero tamén de rosáceas leñosas como estripeiro, maceira, amendoeira, pereira ou capudre. A finais da primavera a eiruga forma a crisálide de cor parda no chan, troncos de árbores, ramas ou tapiais pouco transitados.[5][4][6][7]

Hábitat, distribución e conservación[editar | editar a fonte]

É unha especie ligada a zonas de árbores, son máis frecuentes nos bosques caducifolios e nos bosques de ribeira e bosques en galería, e preto dos cursos de auga.[8]

Distribúese pola conca mediterránea (sur de Europa e norte de África) até o sur de Escandinavia e polo leste até o mar Caspio, e na cordilleira do Himalaia.[4]

O seu estado de conservación non reviste preocupación e non se atopa incluída na Lista vermella da UICN nin no Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España.[9] Con todo cada vez atópase máis limitada a zonas montañosas ou de bosques de ribeira moi ben conservados, debido á redución do seu hábitat.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Agenjo, R. (1964). "Los nombres vulgares de las mariposas españolas". Graellsia XX: 163–190. 
  • Aguado Martín, L. O. (2007). Las mariposas diurnas de Castilla y León (Lepidópteros ropalóceros) Especies, biología, distribución y conservación I. Valladolid: Junta de Castilla y León. p. 1041. ISBN 978-84-9718-473-1. 
  • Alvar Ezquerra, J. (2000). Diccionario Espasa. Mitología universal. Espasa. p. 1031. ISBN 84-239-9460-0. 
  • Carter, D. J. e B. Hargreaves (2005). Guide des chenilles d'Europe (en francés). Delachaux et Niestlé. p. 312. ISBN 2-603-00639-8. 
  • "Taxon details". Fauna Europaea (en inglés). 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  • "The IUCN Red List of Threatened Species. 2011.2". Red List. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources (en inglés). 2011. Consultado o 28 de abril de 2012. 
  • Esper, E. J. C. (1781). "Schmetterlinge in Abbildungen nach der Natur" (en alemán). Consultado o 28 de abril de 2012. 
  • Higgins, L. G. e N. D. Riley (1980). Guía de campo de las mariposas de España y Europa. Barcelona: Omega. p. 452. ISBN 84-282-0327-X. 
  • Leraut, Patrice (2007). Insectos de España y Europa. Barcelona: Lynx Edicions. p. 528. ISBN 978-84-96553-27-9. 
  • Linneo, C. (1758). "Systema naturae" (en latín). Consultado o 26 de abril de 2012. 
  • Savela, Markku (2012). "Lepidoptera and some other life forms" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012. 
  • Verdú, J. R., C. Numa e E. Galante (2011). Atlas y libro rojo de los invertebrados amenazados de España. (Especies vulnerables). Madrid: Verdú, J. R., Numa, C. e Galante, E. (Eds) Dirección General de Medio Natural y Política Forestal, Ministerio de Medio Ambiente, Medio rural y Marino. p. 1318.