Nuno Álvares Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNuno Álvares Pereira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1360 Editar o valor em Wikidata
Cernache do Bonjardim, Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de novembro de 1431 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Convento do Carmo, Portugal Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaIgreja do Santo Condestável (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condestábel
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político , comandante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarmariscal Editar o valor em Wikidata
ConflitoCrise de 1383–1385 em Portugal (pt) Traducir, Batalha de Aljubarrota (pt) Traducir e Conquista de Ceuta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de Santa María do Monte Carmelo Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa6 de novembro
1 de novembro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuque de Barcelos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosBeatriz Pereira Alvim (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisÁlvaro Gonçalves Pereira (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Iria Gonçalves de Carvalhal (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Álvares Pereira (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Pereira-16 Find a Grave: 23678971 Editar o valor em Wikidata


Nuno Álvares Pereira, nado en Cernache do Bonjardim o 24 de xuño de 1360 e finado en Lisboa o 1 de novembro de 1431, foi un militar portugués, tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria.[1]


Biografía[editar | editar a fonte]

Desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra o reino de Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém. Após a aclamación de Xoán I polas cortes de Coímbra, Nuno Álvares Pereira fixo unha viaxe diplomática, militar e de peregrinación a Santiago de Compostela, durante a que tomou o castelo do Neiva, en Santiago do Neiva, episodio conmemorado na actualidade na feira medieval de Viana do Castelo.[2]

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Casou en 1376 con Leonor de Alvim (sobriña do cortesán Pedro Coelho) coa que tivo tres fillos, pero só unha filla, Beatriz Pereira de Alvim (Beatriz de Portugal), chegou á idade adulta, estando casada cun fillo natural de Xoán I de Portugal, Afonso de Portugal (primeiro Duque de Braganza) e dando lugar á Casa de Braganza (que reinaría en Portugal tres séculos despois). Por tanto, polo matrimonio da súa filla, Nuno é antepasado de varias das casas reais europeas, entre elas Isabel de Barcelos era avoa materna de Isabel I de Castela, a Católica.[3]

Vida relixiosa[editar | editar a fonte]

Cando a súa muller morreu en 1387, abrazou a vida relixiosa. Fundou o convento carmelita de Lisboa en 1389 e ingresou na Orde do Carmelo o 15 de agosto de 1423 como irmán laico. Despois dunha vida modelo de penitencia, morreu no recendo da santidade o 1 de novembro de 1431. Foi enterrado no Convento do Carme en Lisboa, onde morrera, pero en 1755, o terremoto que asolou Lisboa destruíu a igrexa.

As cortes de Portugal pediron a súa beatificación a Urbano VIII no século XVII.[4] Foi beatificado o 23 de xaneiro de 1918 por Bieito XV e canonizado en abril de 2009 por Bieito XVI.[5]

Na literatura[editar | editar a fonte]

Luís de Camões, en sentido literal ou alegórico, explícito ou implícito, fai referencia a O Condestável catorce veces en Os Lusíadas. O forte Nuno, como Camões o designa, aparece logo evocado na 12.ª estrofa do canto primeiro: "Por estes vos darei um Nuno fero, Que fez ao Rei e ao Reino tal serviço," e no canto oitavo, estrofe 32: "Mas mais de Dom Nuno Álvares se arreia. Ditosa Pátria que tal filho teve!".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Validate User". academic.oup.com. Consultado o 2022-04-23. 
  2. Andreia Ferreira (2018-08-08). "Passagem de D. Nuno Álvares Pereira por Castelo do Neiva retratada em Feira Medieval". Altominho.tv (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 
  3. "Beatriz de Portugal". Google Arts & Culture (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2022. Consultado o 2022-04-23. 
  4. Pereira, Nuno Álvares (2010-04-18). "Nuno Álvares Pereira: A Vida de Nuno Álvares Pereira". Nuno Álvares Pereira. Consultado o 2022-04-23. 
  5. Portugal, Rádio e Televisão de. "Nuno Álvares Pereira canonizado a 26 de Abril". Nuno Álvares Pereira canonizado a 26 de Abril (en portugués). Consultado o 2022-04-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]