Nuno Álvares Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Nuno Álvares Pereira
São nun'alvares pereira.jpg
Nacemento 24 de xuño de 1360
  Cernache do Bonjardim
Falecemento 1 de novembro de 1431
  Convento do Carmo
Nacionalidade Portugal
Ocupación militar e Monxe
Fillos Beatriz Pereira Alvim
editar datos en Wikidata ]
Estatua próxima ó castelo de Ourém.

Nuno Álvares Pereira, nado en Cernache do Bonjardim ou en Flor da Rosa o 24 de xuño de 1360 e finado en Lisboa o 1 de novembro de 1431, foi un militar portugués, tamén coñecido como o Santo Condestábel ou Beato Nuno de Santa Maria. Desempeñou un papel fundamental na crise de 1383-1385, onde Portugal xogou a súa independencia contra o reino de Castela. Nuno Álvares Pereira foi tamén conde de Arraiolos, de Barcelos e de Ourém.

A vitoria atinxida, dirixindo campesiños (batalla dos Atoleiros, no Alentexo), levouno a ser nomeado condestábel do exército, á fronte do cal logrou a decisiva vitoria de Alxubarrota (14 de agosto de 1385) contra as tropas castelán-francesas, aliadas á súa vez con parte da nobreza lusa, asegurando o trono portugués para o Mestre de Avis.